CULTURA
Carlos Blanco e Touriñán despidiránse de “Somos criminais” en Vilagarcía os días 8 e 9 de novembro Os actores e cómicos Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán estarán de novo en Vilagarcía, onde naceu o primeiro, os días 8 e 9 de novembro, sábado e domingo, para presentar “Somos criminais. E punto (final)”, co que rematarán un dos proxectos máis exitosos do panorama teatral galego nas últimas décadas. As entradas xa están á venda, con prezos de 18 € para as zonas A e B do auditorio e de 15 para a zona C. Poden adquirirse a través da plataforma ataquilla.com, o que supón unha pequena cota pola xestión. No caso de non esgotarse, os tickets se venderán na propia billeteira do auditorio dende dúas horas antes do inicio do espectáculo, neste caso sen gastos de xestión. O venres, “Somos criminais” representarase ás 20:30 horas, e o sábado, media hora máis tarde, ás 21:00 horas. Blanco e Touriñán seguirán coa súa xira de despedida por toda Galicia ata o mes de xaneiro.
05.10.2024. Seguindo a estela das anteriores edicións de “Somos criminais”, a obra propón un argumento que promete arrancar risas e sorrisos durante unha hora e media. Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida. Os capitáns da nave, Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano, material e inmaterial máis prezado, para que a nova terra á que emigraremos siga sendo... criminal.