_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DEPORTE
CLB e Cortegada presentan a todos os seus equipos na segunda festa gastrodeportiva do Basketapea

A fin de semana do 12 e 13 de outubro trae á Praza da Peixería de Vilagarcía unha interesante cita na que se dan a man baloncesto, música e comida. Tras o éxito da experiencia do ano pasado regresa o Basketapea, o evento organizado polos clubs CLB e Cortegada co obxectivo de inaugurar a tempada presentando publicamente aos seus equipos nunha gran festa da que queren facer partícipe a toda a cidade. A actividade gastrodeportiva, como eles a definen, presentouse esta mañá no Concello.
08.10.2024.- Como toda celebración que se prece, as viandas teñen que estar presentes, e neste caso, garantindo ademais a máxima calidade grazas aos cociñeiros Xoanqui Ameixeiras e Miguel Mosterio, que elaborarán en directo as tapas que se poderán degustar durante os dous días a prezos populares (entre 2 e 5 euros). O mexillón será o produto principal. Servirase ao vapor, con arroz e noutras preparacións . Pero tamén haberá outras opcións, como as hamburguesas, perritos quentes ou patacas fritidas, que ofrecerá unha food truck.

As principais novidades deste ano son a celebración de torneos de baloncesto. Os equipos de menor idade xogarán o sábado, a partir das 18.30 horas, nas canchas que se habilitarán a pé de rúa fronte a Praza da Peixería, e os máis maiores farano no pavillón Castelao-Helena Mariño. As barras estarán abertas desde esa mesma hora e as actuacións musicais comezarán coa actuación de La Gramola (ás 20.00 horas) para seguir con Somoza Trío (ás 22.00) e Señora DJ (ás 23.45).

O domingo pola mañá a actividade abrirase coa presentación oficial de todos os equipos do CLB e do Cortegada, tanto os das bases como os sénior. A partir das 11.30 horas irán desfilando pola Praza da Peixería todos os xogadores e xogadoras das 30 formacións que suman ambos clubs, incluído o novo equipo veterano feminino e o primeiro do Cortegada.

Con sorteos de agasallos e sorpresas incluídas, o Basketapea continuará cunha nova sesión de boa gastronomía e coa dinamización musical de Vicky Longa ás 14.00 horas e da Duendeneta ás 15.00.

O concelleiro de Deportes animou a todos os veciños e veciñas de Vilagarcía a sumarse a esta festa do baloncesto, “porque ademais de representar unha excelente ocasión de coñecer o que fan dous dos nosos clubs e colaborar con eles, tamén é unha oportunidade para pasar unha xornada divertida e en familia”.

Pola súa banda, o edil de Turismo referiuse á que, “unha fin de semana máis, Vilagarcía acolle outro gran evento, demostrando a ampla e diversa oferta lúdica, deportiva e cultural coa que contamos”. A maiores, Carou salientou que o Basketapea é unha cita “das que fan cidade, porque parte de dous clubs da vila que desexan que participen e a desfruten todos os seus veciños”.

Por último, Miguel Ángel García agradeceu a colaboración de empresas, particulares e Concello, “sen os que sería imposible celebrar o Basketapea”. E destacou a implicación e o elevado número de persoas que participan no desenvolvemento do programa, “dende os técnicos dos clubs, aos membros das directivas e os deportistas, sen esquecerse do importante apoio da masa social, xa que son moitos os pais e nais que nos están axudando”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -