AVISOS
O concello decide pechar mañá as instalacións deportivas, diante das malas previsións meteorolóxicas Diante das malas previsións meteorolóxicas, o goberno local vén de acordar o peche das instalacións deportivas municipais durante o día de mañá, no que se esperan fortes chuvias e ventos. A medida inclúe campos de fútbol, pavillóns e o complexo polideportivo de Fontecarmoa, incluída a piscina. Loxicamente, tamén as actividades que ofrece a Fundación de Deporte acotío.
08.10.2024. O concello lamenta os inconvenientes que isto vai causar aos clubs e aos centenares de vilagarciáns que cada día fan deporte nas instalacións municipais, pero a seguridade é prioritaria. Por esta mesma razón, pide á veciñanza en xeral que extreme a precaución, evitando desprazamentos prescindibles e lugares de ocio como parques, xardíns, praias e calquera lugar que poida supoñer un perigo pola chuvia e especialmente polo vento.