_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello reedita a súa colaboración anual co Cine Club Ádega mediante un convenio dotado con 4.000 euros

A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía vén de reeditar a súa colaboración anual co Cine Club Ádega coa firma dun convenio dotado con 4.000 euros. A axuda ten como finalidade concreta financiar a programación regular que a entidade desenvolve mensualmente e ao longo de todo o ano no Salón García, así como as actividades da Semana de Cine que organiza en verán. A axuda proporcionada polo departamento que dirixe Sonia Outón complétase coa cesión gratuíta do local para realizar as proxeccións e co material publicitario para promocionalas.
10.10.2024.- Este novo convenio establécese no marco da colaboración que a Concellería presta ás entidades sen ánimo de lucro que contribúen a dinamizar a actividade cultural do municipio. No caso de Ádega, pola labor que leva realizando dende a súa fundación en 1976 para facilitar o acceso da cidadanía á mesma a través da promoción das artes cinematográficas e audiovisuais.

Na actualidade, o Cine Club conta cunha programación ordinaria con proxeccións no Salón García-, e outra de carácter extraordinario consistente na organización da Semana de Cine. Na primeira prográmanse películas non comerciais e en versión orixinal, con apartados temáticos como o do “Mes da Muller” e os ciclos “Cinema Galego” e “Cine Nórdico”. Ademais, nos últimos anos algunhas sesións compleméntanse con charlas e coloquios nas que participan directores e profesionais da sétima arte.

No que respecta á Semana de Cine, a maiores dos tradicionais pases de películas en sala, o evento inclúe proxeccións ao aire libre, sesións con música en directo e outras actividades complementarias como obradoiros e conferencias.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -