_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
PATRIMONIO
O Concello dotará de iluminación ornamental ao conxunto histórico de Vista Alegre

A Concellería de Turismo do Concello de Vilagarcía promove unha iniciativa para poñer en valor o conxunto histórico-artístico de Vista Alegre mediante a instalación de iluminación ornamental. Co obxectivo de resaltar os elementos máis representativos do monumento integrado por pazo, igrexa e convento instalaranse focos que apuntarán e porán en relevo o arco, as torres e os escudos de armas que figuran na fachada este (á que dá ao parque da Xunqueira) e na oeste (a carón da entrada ao templo).
10.10.2024.- O proxecto execútase a través da Mancomunidade do Salnés cun orzamento de 47.788 euros (IVE incluído) que se financian a través dos fondos europeos. Actualmente atópase en fase de licitación.

A intervención consistirá en colocar torres de iluminación situadas en puntos estratéxicos. Cada poste disporá de varios focos orientables que se dirixirán ás zonas a resaltar. Isto, ademais de actuar como medida ornamental que aportará beleza ao conxunto durante as horas de pouca luz e en horario nocturno, contribuirá a que moita xente repare en elementos que antes podían pasarlles desapercibidos. Deste modo, tamén se promove o coñecemento do patrimonio e da historia local.

Por descontado, utilizarase tecnoloxía led, máis eficiente e sostible. Ademais, os sistemas serán versátiles, dotados da gama RGB, de xeito que permitan cambiar a tonalidade da iluminación, por exemplo, para celebrar certas conmemoracións que se distinguen cunha destas cores.

A realización deste proxecto enmárcase na liña de medidas para a recuperación, mantemento e conservación do patrimonio artístico, histórico e etnográfico local que está a desenvolver dende hai anos o executivo que dirixe Alberto Varela. Neste caso, actuando sobre un dos recursos de maior valor e polo que máis se identifica a Vilagarcía: o conxunto de Vista Alegre, cuxo pazo conta coa declaración de (BIC), Ben de Interese Cultural, dende de 1980.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -