_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Un monólito no cemiterio municipal de Rubiáns recordará ás vítimas da violencia franquista en Vilagarcía

O Grupo de Memoria Democrática da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello de Vilagarcía, instalará no cemiterio municipal de Rubiáns un monólito en homenaxe ás vítimas da violencia franquista. A iniciativa promovida polo equipo que dirixe o profesor Lourenzo Fernández Prieto levará por título “Lugares da Memoria Democrática” e presentouse co obxectivo de lembrar ás persoas asasinadas e soterradas nunha fosa común no camposanto, cuxos restos non se lograron exhumar no ano 2021 debido á imposibilidade de localizar o lugar como consecuencia das diferentes reformas que o recinto sufriu ao longo dos anos.
11.10.2024.- Igual que xa acontecera con motivo da organización da campaña de escavacións de hai tres anos, o Concello de Vilagarcía prestará toda a súa colaboración a esta iniciativa que, “ademais de dar cumprimento á Lei de Memoria Democrática, vén saldar unha débeda histórica e moral”, apuntan dende o goberno. Así o expuxeron o alcalde, Alberto Varela, e a tenente de alcalde, Tania García, aos responsables do equipo na reunión que mantiveron recentemente no Concello para propoñer a instalación da peza.

O Equipo dispón xa da autorización do Concello para executar a actuación –aprobada pola Xunta de Goberno Local-, quedando unicamente supeditada á obtención do permiso da dirección xeral de Patrimonio, dado que o cemiterio vilagarcián é un ben patrimonial catalogado. A colocación do monólito aínda non ten data, aínda que con toda seguridade, realizarase antes de que finalice o ano en curso.

Tanto a campaña de escavación como a instalación do monumento no camposanto vilagarcián son proxectos que o Equipo executa en cumprimento da lei estatal que impulsa e financia a Secretaría de Estado de Memoria Democrática. Ao igual que outras actuacións realizadas noutros concellos de Galicia, se enmarcan no Plan Cuadrienal da Memoria Democrática Galicia 2021-2024, que se desenvolve mediante un convenio asinado entre a USC, a Consellería de Cultura, Educación e Universidades, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -