_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
O alcalde e o cura de Sobrán reuniranse co arcebispado para tratar de desbloquear o proxecto das beirarrúas ao instituto de Sobradelo

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, o cura párroco de Sobrán, Manuel Folgar, acordaron hoxe participar conxuntamente nunha reunión cos responsables do Arcebispado de Santiago. Ambos coinciden na necesidade de desbloquear o conflito xerado arredor do proxecto das beirarrúas da rúa Ameixeiras, o que garantirá a seguridade da comunidade escolar do instituto Cotarelo Valledor e das vivendas da zona, ambas xa na parroquia de Sobradelo. A intención é centrarse no proxecto concreto e deixar a un lado e para máis adiante outras cuestións.
11.10.2024. Alberto Varela e Manuel Folgar xa tiñan prevista esta reunión dende o día en que o presidente da Xunta acudiu a Vilaxoán para visitar as obras de conservación e mellora na igrexa románica de Sobrán. Ata o da agora, as posicións estaban bastante distantes, o que demostra, a xuízo do goberno local, que aqueles que aseguraban no pleno da corporación e nos medios de comunicación que o acordo coa Igrexa era "doado", non estiveron moi acertados: "Agora xa teñen a resposta".

O goberno municipal sostivo sempre a mesma tese: o concello ofrécese a urbanizar a fronte da parcela da Igrexa a cambio dunha cesión adiantada do que, en calquera caso e no momento de desexar construír, tería que doar ao ben público, ademais de facer as obras. Unha negociación, por certo, moi habitual: acaba de suceder, por exemplo, cos veciños propietarios dos terreos que permitirán ensanchar o acceso ao Piñeiriño pola rúa Fernández Flórez.

A Igrexa, en cambio, propuxo -a cambio da cesión- unha volta ao convenio urbanístico de 1999 entre a administración municipal e o Arcebispado. Deste xeito, facilitar as beirarrúas ao instituto de Sobradelo non só se ligaba á reordenación de edificabilidade da parcela con cara á rúa Ameixeiras senón a outra a uns cantos quilómetros de alí, en Cornazo.

Como é evidente, o goberno local non pode aceptar que para facer unhas beirarrúas que, máis tarde ou máis cedo, tería que facer a propiedade por lei, se mesturen outros asuntos que nada teñen que ver. Neste sentido, confía en que a intervención do párroco de Sobrán sirva para centrar o debate -a mellora da seguridade vial nunha zona con moito tráfico de persoas- deixando para cando corresponda cuestións que poden ser lexítimas, pero teñen outros vieiros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -