SERVIZOS SOCIAIS
Unha oficina móbil informará e asesorará ás persoas emigrantes retornadas a Galicia As persoas emigrantes retornadas a Galicia poderán resolver as súas dúbidas e recibir asesoramento na oficina móbil que o xoves, 17 de outubro, se instalará na avenida da Mariña (diante da antiga Comandancia) en horario de 10 a 14 horas. A través do proxecto “Benvidos a Galicia”, cofinanciado pola Unión Europea, a administración autonómica puxo en marcha este servizo co obxectivo de informar aos interesados e ás súas familias sobre os trámites a realizar e sobre os programas dispoñibles para facilitar a súa integración socio-laboral e educativa na nosa comunidade.
14.10.2024.- Persoal técnico atenderá presencialmente ás persoas que se acheguen ata o punto de información para facer consultas, explicarlles os recursos aos que poden acceder e dirixilos aos organismos competentes. Os interesados tamén poden dirixirse telefonicamente ao servizo chamando ao 900 102 380 ou consultar a web http://www.emigracion.xunta.gal
O Concello de Vilagarcía colabora con esta iniciativa, a maiores do traballo de orientación que presta de forma permanente ao colectivo de persoas emigrantes/inmigrantes a través dos Servizos Sociais municipais.