_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
SANIDADE
Escolares de Vilagarcía aprenderán as técnicas de reanimación RCP o día mundial da parada cardiopulmonar

O 16 de outubro conmemórase o Día Mundial da Parada Cardiopulmonar. Co obxectivo de continuar sensibilizando á poboación sobre a necesidade de que calquera persoa coñeza as técnicas básicas de reanimación, en Vilagarcía desenvolverase o mércores un programa formativo destinado a escolares. Será o persoal do Servizo Municipal de Emerxencias, do PAC de San Roque, do Hospital do Salnés e do 061 quen forme ao alumnado.
14.10.2024.- Os obradoiros celebraranse a partir das 10.30 horas no Auditorio Municipal, estando prevista a asistencia de escolares de 5º e 6º curso de Primaria de cinco centros educativos: O Piñeiriño, Arealonga, A Lomba, Anexo e San Francisco.

Os servizos técnicos disporán de diverso material para ensinar á rapazada, que despois de visualizar un breve vídeo explicativo adaptado as súas idades, realizarán prácticas de reanimación cardíaca e respiratoria utilizando os bonecos sanitarios.

A realización destes programas de sensibilización e formación é unha necesidade que se desprende das estatísticas, que apuntan que as enfermidades cardiovasculares (infartos de miocardio e accidentes cerebro vasculares) constitúen a primeira causa de morte no mundo. A Reanimación Cardiopulmonar ou Respiratoria (RCP) consiste na aplicación de técnicas manuais de primeiros auxilios básicos ante un ataque cardíaco. O seu obxectivo é reactivar a respiración e os latidos do corazón ata que a persoa afectada poida recibir atención médica de emerxencia. Desta primeira atención depende en moitos casos a supervivencia da vítima.

O Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Vilagarcía desenvolve dende hai meses un programa con similares obxectivos destinado ao persoal municipal. Trátase de formar nas técnicas de RPC manuais e tamén de ensinar a utilizar os desfibriladores que se foron instalando en distintos edificios públicos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -