_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O concello colabora no sostemento da actividade de 16 organizacións sociais co reparto de 178.100 euros

O Concello de Vilagarcía de Arousa, a través da concellería de Servizos Socias, vén de repartir 178.100 euros entre 16 entidades do terceiro sector que desenvolven os seus programas no termo municipal. Estas axudas, de carácter nominativo e de concesión directa, danse xa dende hai anos co obxecto de contribuír ao sostemento das asociacións sen ánimo de lucro que realizan unha importantísima labor para a sociedade, especialmente dirixida a colectivos sensibles ou en situación de vulnerabilidade, e que complementan a acción das administracións públicas.
15.102.2024. Como é habitual, as organizacións que reciben as subvencións de maior contía son Cruz Vermella e Cáritas, as que desenvolven unha liña de acción máis ampla e xestionan servizos tan necesarios e custosos como o albergue de transeúntes, o comedor social ou a casa de acollida. Ademais disto, as dúas entidades levan a cabo outras iniciativas de atención a persoas en risco de exclusión en colaboración co departamento que dirixe Tania García e a través do protocolo municipal de coordinación. En concreto, Cruz Vermella recibe 91.800 euros (84.000 polo funcionamento do albergue e 7.800 polo proxecto de coordinación). A 45.500 euros ascende a axuda de Cáritas (36.000 pola xestión do comedor social e 9.500 polo centro de San Cibrán).

A terceira subvención máis cuantiosa é a que recibe Acción Contra el Hambre, colectivo co que o Concello de Vilagarcía organiza anualmente o programa de inserción laboral "Vives Emprega". Para o desenvolvemento desta iniciativa -que suma xa varias edicións e conta cun elevado índice de inserción laboral- concédenselle 17.000 euros.

Axudas de 3.000 euros reciben Con Eles, Amencer-Aspace e a Fundación Lar, en tódolos casos para financiar gastos de actividades dirixidas aos seus respectivos usuarios e familias. Unha cantidade similar tamén se lle concede ao colectivo Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, neste caso para a execución do programa Vacaciones en Paz, que cada ano permite que nenos e nenas dos campamentos de refuxiados do Sáhara pasen o verán acollidos por familias galegas, evitando así as extremas condicións do estío desértico.

A Asociación Galega de Linfedema obtén unha subvención de 1.800 euros para realizar labores informativas e de sensibilización das patoloxías vasculares periféricas. E axudas por importe de 1.500 euros reciben a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, a Asociación Española Contra o Cancro, a ANPA do Centro Ocupacional de Saiar, a Fundación Galega Contra o Narcotráfico, a Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Vilagarcía (Areva) e o colectivo de enfermos de Párkinson. Por último, Servizos Sociais subvenciona con 500 euros á asociación de loita contra as enfermidades do ril ALCER e á Asociación Cromosomos X.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -