_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Clubs, escolares e veciños xa dispoñen dos novos vestiarios e aseos no remozado pavillón de Carril, que poderá acoller competicións

Os clubs de balonmán e fútbol sala, o alumnado do contiguo colexio Rosalía de Castro e, en xeral, a veciñanza xa pode desfrutar do remozado pavillón de deportes do Carril, no que se acaban de investir 33.400 euros na reforma dos vestiarios, a dotación de aseos públicos -dos que carecía ata o de agora- e a creación dun novo habitáculo para os árbitros. Deste xeito, o pavillón mellorará as condicións para acoller competicións deportivas federadas, posto que ata agora o público non tiña acceso a baños públicos.
16.10.2024. Ademais de reordenar os espazos para habilitar os aseos, incluído un para persoas con discapacidade, o proxecto incluíu a adaptación das redes eléctricas e de fontanería, a instalación dun sistema de ventilación forzada e a renovación total da cuberta de fibrocemento -cuxo deterioro era causa de humidades no interior do recinto- por outra metálica e illante, tipo panel sandwich.

A reforma forma parte do amplo plan de posta a punto das instalacións deportivas do concello que vén desenvolvendo a Fundación de Deportes baixo a presidencia de Carlos Coira; unhas veces con fondos propios, outras con axudas doutras administracións, como é o caso do Carril a través do plan +Provincia, da Deputación.

BERDÓN E ESTADIO DE ATLETISMO
Nestes momentos, a empresa Mondo está a piques de rematar a renovación do céspede do campo municipal de Berdón, no que o concello inviste case 170.000 euros, tamén neste caso a través dos fondos provinciais que lle corresponden. O campo, cun tepe última xeración que quedará marcado para a práctica do fútbol 7 e 11, está practicamente listo, xa que so restan dúas xornadas de traballo para os últimos detalles. Todo dependerá do tempo meteorolóxico, pero empresa confía en que entre esta semana e a que vén os usuarios de Berdón poidan desfrutar das renovadas instalacións.

Pola súa banda, nestes momentos Carlos Coira e o seu equipo traballan no estudio das reformas necesarias para que o estadio poida ser habilitado como sede de competicións oficiais; traballo para o que contan co asesoramento da propia federación galega desta disciplina.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -