_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Parques e Xardíns comeza a tala de árbores no parque de Celso Emilio Ferreiro diante da súa perigosidade

A concellería de Medioambiente, que dirixe Diego García, decidiu hoxe, á vista dos resultados da periódica inspección que a firma Arbogal realizada dos parques e xardíns da cidade, non demorar máis a tala dos exemplares de chopos que dominan a imaxe do parque Celso Emilio Ferreiro, ao pé do río do Con. A necesidade da tala xa fora ditaminada polos técnicos da Estación Fitosanitaria do Areeiro hai algo máis de tres anos.
17.10.2024. Entón, con vixilancia continua e algúns tratamentos de conservación conseguiuse manter en pé a maioría das árbores, pero o paso do tempo e os efectos dos recentes temporais levaron hoxe aos técnicos de Arbogal a non demorar máis o que Areeiro recomendara en febreiro de 2021. As probas co resistógrafo foron determinantes: hoxe mesmo puido comprobarse como algúns pes están ocos e moitas estruturadas danadas, ademais dunha presenza notable de colonias de fungos. Nos vindeiros días é probable que se baixen outros seis ou sete exemplares e, segundo como evolucionen as análises que realizan dende Arbogal, a tala podería estenderse a algún máis.

A intención da concellería é aproveitar os meses de inverno para sanear o solo, eliminando a presenza de fungos e outros patóxenos, de xeito que en primavera xa se poidan plantar as novas árbores, que necesariamente terán que ser máis compatibles co terreo onde terán medrar, máis resistentes e probablemente con menos porte. Hai tres anos, por exemplo, os salgueiros "choróns" tan ligados a estampa desta zona do río do Con foron substituídos por freixos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -