_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O pavillón de Fontecarmoa disporá de videomarcadores dende a vindeira semana

O pavillón número 1 do complexo polideportivo número 1 de Fontecarmoa -que pronto será rotulado co nome de Sara Gómez, en homenaxe á ex xogadora de baloncesto- dará a vindeira semana un novo paso para completar a súa nova equipación. Trátase dos dous vídeo marcadores que substituirán ao vello aparello de simples función. Os novos teñen unhas dimensións sensiblemente superiores ao actual: catro metros de longo por dous e medio de alto.
17.10.2024. Por suposto, dispoñen de tecnoloxía LED e dun software que permitirá usalos moito máis alá das necesidades propias da anotación dun partido, de xeito que poderán servir de vehículo para proxectar vídeos promocionais ou informativos, publicidade, etcétera. As pantallas serán instaladas a vindeira semana polos técnicos de Mondo, a empresa adxudicataria, que tamén impartirán un cursiño de manexo aos técnicos da Fundación de Deportes.

Pola súa banda, a instalación do vídeo marcador do estadio municipal da Lomba, tamén xa adxudicado, está pendente da melloría do tempo meteorolóxico. Ao tratarse dun espazo aberto e das propias características do LED, durante a execución dos traballos debe haber unha ausencia absoluta de humidade. O mal tempo condiciona igualmente a desmontaxe do actual marcador, primeira condición para instalar o novo armazón metálico que finalmente servirá de soporte para o videomarcador. Como no pavillón de Fontecarmoa, o da Lomba terá tamén a función de pantalla publicitaria e informativa. O investimento acada os 22.000 euros e foi adxudicado á empresa UFA Tecnologías de Comunicación S.L.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -