_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CULTURA
O goberno local renova os convenios dos centros socioculturais incrementando un 10% as axudas aos colectivos que os xestionan

O goberno local aprobará o vindeiro luns, na súa xunta ordinaria, a proposta de renovación dos convenios coa asociacións que xestionan os dezanove centros socioculturais que son de titularidade municipal. Os convenios incrementan a súa contía un 10%, de xeito que cada entidade recibirá anualmente 2.000 euros para sufragar os gastos de mantemento, limpeza e actividades (estas, distintas as que normalmente promova o concello directamente).
18.10.2024. Os cambios nos protocolos de colaboración eran necesarios, ademais de para fixar a nova valoración económica, para adaptalos ás distintas normativas que foron xurdindo dende que en 2017 se asinaron os anteriores convenios. As modificacións foron pactadas cos colectivos afectados en dúas reunións, o 8 e 15 de outubro, coa concelleira de Cultura, Sonia Outón. Ademais da cantidade fixada para os gastos anuais, o goberno local ten reservados no presuposto xeral en vigor outros 130.000 euros máis para diversos investimentos na rede de edificios.

O novo protocolo de colaboración estipula que a asociación xestora do centro -sexa de veciños, cultural, de mulleres rurais, etcétera- debe garantir que as instalacións estarán abertas ao menos dúas horas ao día de luns a venres e as fins de semana, en función da programación prevista, e sempre polo tempo necesario para a realización das actividades programadas. Se o centro conta con biblioteca, esta deberá permanecer aberta e baixo o control dun adulto.

Tal e como xa estaba establecido nos anteriores convenios, no caso de que o edificio dispoña dunha cafetería-bar cun uso puntual, coincidente coas actividades do propio centro, a xestión gratuíta poderá facela a asociación xestora. En cambio, se o servizo de hostalería é diario e continuado, e cunha natureza comercial, entón a súa explotación deberá ser obxecto de concesión administrativa, que só poderá tramitar o concello. De ser así, o canon fixado para dita concesión sería repercutido no desenvolvemento das actividades do centro.

Os novos protocolos de colaboración e xestión entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2025 e terán unha duración de dous anos, que se prorrogarán anualmente salvo denuncia expresa de calquera das partes cun aviso previo dun mes á data da finalización do mesmo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -