_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O recibo da recollida de lixo, que sobe 500.000 euros polo canon de Sogama, terá bonificacións para aqueles que reciclen

O recibo do servizo de lixo para o ano 2025 subirá 22 euros. A medida é inevitable por dous motivos. Un, o incremento do canon de Sogama, que suporá 505.000 euros máis; e dous, polas normas europeas e estatais que obrigan a que os servizos recaden a totalidade do seu custe. Iso si, en consonancia con esas mesmas normas, aqueles que participen dos sistemas de reciclaxe (compost e contedor marrón) verán os seus recibos bonificados, reducindo a suba do recibo a so cinco euros por semestre. Ademais, o goberno planea outras subas en determinadas ordenanzas fiscais que en nada afectarán á inmensa maioría dos veciños.
23.10.2024. O Concello de Vilagarcía leva nove anos coas taxas e impostos conxelados, agás os do lixo e auga e saneamento, que por contrato deben ser revisados cada ano conforme ao IPC anual. Dende 2015 ata agora o IPC subiu un 23,7% e, ao tempo, o concello seguiu aumentando a cantidade e calidade dos servizos, incluído o de Axuda no Fogar, que consume unha importante partida do presuposto xeral. Así as cousas, é necesario revisar algunhas ordenanzas fiscais, como explicaron a concelleira de Facenda, Luz Abalo, e o edil de Servizos, Lino Mouriño.

Onde si se notará o cambio é no recibo do lixo. Como queda dito, a obriga de axustar o custe ao recadado máis o incremento do canon de Sogama fai inevitable a revisión á alza. Segundo dixo Lino Mouriño, o máis doado sería incrementar o IBI, pero preferiuse optar por outras opcións. A primeira, bonificar a aqueles que participan da reciclaxe, de xeito que apenas notarán o incremento do recibo final e será un xeito de que a veciñanza de que é preciso reducir a produción de residuos. Na actualidade, a maioría dos recibos (21.000 dos 23.000 totais) corresponden a vivendas. Dos 53,3 euros por semestre pasarán a 64,78, é dicir, case 12 euros máis, ou, o que é o mesmo, dous máis ao mes. No caso de facer compostaxe ou utilizar o contedor marrón, a suba será só de 5 euros cada seis meses en vez dos 12.

A segunda forma de aumentar os ingresos xerais do concello é revisar aquelas ordenanzas que afectan a grandes negocios, non aos veciños de xeito individual. Estes algúns exemplos:

- IBI – BICEs. Os BICEs son os bens ou inmobles de características especiais: solos, instalacións e obras de urbanización, inmobles destinados á produción de enerxía, autopistas, estradas e portos. No caso de Vilagarcía, trátase basicamente do Porto e dos seus concesionarios. O tipo máximo é de 1,3. Agora pasará do 0,75% ao 0,96, moi por debaixo de concellos similares. Recadaranse 65.000 euros máis.
- ICIO. O Imposto de Construcións, Instalacións e Obras, que non se toca dende 2015, pasa ao tipo do 4% e así aumentarán os ingresos en 125.000 euros. Por suposto, mantéñense as bonificacións para casos de utilidade pública (proxectos sociais, de fomento de emprego, culturais, etcétera).
- IAE. O Imposto de Actividades Económicas aplícase só aquelas empresas que facturan máis dun millón de euros ao ano. O índice máximo é do 3,8, en función da categoría da rúa na que se emprace. En Vilagarcía subirá ao 2,1, o que seguirá sendo moi por debaixo de concellos como Pontevedra, Vigo, Mos, O Porriño ou Cangas. Ademais, se incrementa a bonificación por investimentos en enerxías renovables do 10 ao 25%. O aumento de recadación previsto é de 200.000 euros.

Por último, o goberno local decidiu eliminar a taxa por expedición de documentos públicos, unha medida que beneficiará especialmente a aquelas persoas que máis necesitan certificados para optar a axudas ou trámites similares.

Aínda aplicando esta revisión das ordenanzas, o concello de Vilagarcía seguirá estando sensiblemente por debaixo da media da presión fiscal en España. Segundo os datos do Ministerio de Facenda, o esforzo fiscal dos vilagarciáns é de 470,9 euros por persoa, fronte á media estatal, que se sitúa nos 656,48, sempre no mesmo rango de municipios de 20.000 a 50.000 habitantes.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -