EDUCACIÓN
O alcalde traslada o seu apoio ás demandas da comunidade escolar do Centro de Educación Especial O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, expresou hoxe o seu apoio incondicional á comunidade escolar do centro de educación de Marxión, que reivindica "con toda a razón" -subliña Varela- a mellora dos recursos profesionais para atender a un colectivo tan vulnerable e necesitado de atención constante. "Non é de recibo que se hai seis anos había seis prazas de coidadores para trinta matrículas, hoxe haxa só un profesional máis para máis do dobre de matriculados", esgrime o alcalde, que xa anuncia que o grupo socialista levará ao vindeiro pleno unha moción instando á Xunta de Galicia a que, de xeito urxente, dote á centro de educación de Vilagarcía dunha praza de mestre/a de pedagoxía terapéutica, dúas prazas de coidadores e outra de enfermería a tempo completo.
23.10.2024. Na mesma sesión, o xoves da vindeira semana, día 31 de outubro, intervirá unha representante da comunidade escolar para que todos os grupos políticos coñezan de primeira man a súas demandas. O Centro de Educación Especial ten neste momento 62 persoas matriculadas, tanto de Vilagarcía como de distintos concellos da comarca.