CULTURA
Cento vinte persoas poderán converterse este venres en refuxiadas na experiencia inmersiva de "Vía Morta" Un máximo de 120 persoas poderán participar este venres, día 25, na experiencia de teatro inmersivo que propón Pallasos en Rebeldía para chamar a atención sobre o drama humanitario dos refuxiados (calcúlase que dous millóns de persoas só en Europa). Será a partir das 20:30 horas, na praza da Peixería e con carácter gratuíto. Claro que os que se decidan terán que ir concienciados: ao chegar, un policía de fronteira convidaraos a sentarse a un ou a outro lado do aramado que servirá de eixo da representación. Pero dentro ou fóra do valado, os seus movementos estarán sempre baixo vixilancia.
24.10.2024. "Vía morta", que así se titula a peza, é unha especie de compendio das performanse que o clown Iván Prado vén desenvolvendo, da man de Pallasos en Rebeldía, en distintos lugares do mundo onde hai conflitos bélicos e, como consecuencia, persoas refuxiadas que se converten en vítimas.