_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello pon en marcha a humanización de Conde de Vallellano, cun presuposto de 630.000 euros e seis meses de obras

“Unha actuación sinxela e verde”. Así resumiu o alcalde, Alberto Varela, o espírito do proxecto de reforma da rúa Conde de Vallellano, que conta cun presuposto de 632.000 euros, a financiar a través do programa +Provincia da Deputación de Pontevedra e cun prazo de execución de seis meses dende a súa adxudicación. A licitación xa está en marcha. A obra afectará a 1.500 metros cadrados, de xeito que nos anos de goberno de Varela os espazos gañados para os peóns chegarán xa aos 40.000.
26.10.2024. Fronte a outras actuacións anteriores, nesta ocasión a reforma de Conde de Vallellano está pensada como un espazo máis aberto, con árbores e zonas verdes, onde terán especia protagonismo os xacarandás, e mobiliario que convida a sentarse e desfrutar dunha especie de alameda que unirá a praza de Galicia coa avenida da Mariña. Para Paola María, concelleira de Urbanismo, a licitación do proxecto supón “unha gran ledicia”, posto que por onde antes pasaban os coches agora haberá nenos xogando e maiores charlando e paseando.

Tanto para Alberto Varela como para Paola María, o proposto para Conde de Vallellano é un exemplo do modelo de cidade que vén defendendo o goberno local dende que se fixo cargo da xestión do municipio hai nove anos, é dicir, dar prioridade aos peóns, mellorando a calidade do aire e a seguridade nas rúas, e favorecer a actividade económica. Hoxe, lembrou o alcalde, hai máis baixos abertos dedicados ao comercio ou á hostalería que hai 15 anos.

Con todo, a circulación non estará restrinxida de todo. Unha zona de paso será o suficientemente ampla para que poidan transitar os servizos de seguridade ou emerxencia e mesmo facilitar a carga e descarga en momentos puntuais. Os usuarios dos garaxes de Juan García entrarán polo Cavadelo, e os do Arcebispo Lago ou Castelao, entrarán e sairán por Alejandro Cerecedo. Os taxis de Conde de Vallellano pasarán a ocupar o fronte da Alameda, diante do futuro centro de saúde, unha medida que os profesionais aplaudiron porque lle vai dar máis visibilidade.

A reforma de Conde de Vallellano é un paradigma da evolución urbanística da cidade. O vial naceu en 1955 como acceso do porto ás estradas de Pontevedra, Santiago e A Toxa dende a praza do Obelisco, que así rezaba o proxecto. Para iso foi necesario derrubar varios inmobles de tres das máis antigas rúas, de trazado moi irregular: as de Gerona, Zaragoza e Numancia. Se en 1955 o fondo da rúa estaba presidida polo obelisco, agora, 70 anos despois, agora volve a facelo, pero dende o lado contrario, na rotonda do Cavadelo.

Consuta AQUÍ a infografía do proxecto:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -