_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O concello licita o préstamo de 4,9 millóns que lle permitirá retomar as obras da piscina, Vicente Risco e San Roque, entre outros investimentos

O Concello acaba de subir á plataforma de contratación do Estado a licitación do préstamo por valor de 4.903.148 euros que lle permitirá afrontar de xeito inmediato o ambicioso plan de investimentos que, polo mesmo valor, inclúen os presupostos deste ano. As entidades bancarias teñen oito días para presentar as súas ofertas para un crédito que en todo caso terá que ser a tipo fixo cunha vida de 15 anos para a súa amortización máis un de carencia. Os investimentos inclúen dende a segunda piscina ata as humanizacións das rúas Vicente Risco e San Roque pasando por outras actuacións máis modestas solicitadas por diversos colectivos veciñais.
26.10.2024. Dos 4,9 millóns, 2,2 se destinarán á segunda fase da piscina municipal, unha cantidade que se sumará ao millón que o concello xa ten concedido dos fondos provinciais que lle corresponden. As obras permitirán crear un novo edificio cun novo vaso e bancadas nun lateral, o que facilitará a celebración de competicións e, sobre todo, dará satisfacción á alta demanda de uso da piscina e dos clubs de natación e socorrismo. O prego de licitación xa está listo, de xeito que en canto se resolva a concesión do préstamo bancario, o proceso de adxudicación porase de inmediato en marcha.

O segundo bloque de investimentos ten que ver coas humanizacións, cun valor de 1,7 millóns dos 4,9 do plan. Neste bloque figuran a rúa Vicente Risco, que completará as actuacións levadas a cabo nos últimos anos na praza de España, Doutor Tourón, Arcebispo Lago e Alejandro Cerecedo. O proxecto está dotado con 400.000 euros. E algo menos, 300.000, se reservan para as obras de accesibilidade da rúa San Roque, é dicir, a continuación da reforma integral que xa se levou a cabo na contigua Praza da Independencia.

Outras obras previstas neste plan son o acceso ao Castro de Alobre dende o parque botánico Enrique Valdés Bermejo (210.000 euros), a ampliación e renovación do saneamento na rúa Vilar Ponte e o mesmo na avenida de Rosalía de Castro, no Carril, en ambos casos dotados con 150.000 euros cada una. Similares actuacións se desenvolverán nas rúas Torre de Guillán e Bernardas (89.000 euros), moi demandadas polos veciños destes lugares. A rede viaria da zona rural recibirá 400.000 euros e o mantemento da rede de centros socioculturais, 130.000 euros máis.

A ampliación da rede de aparcamentos disuasorios terá 100.000 euros, o acondicionamento dunha parcela para depósito municipal de vehículos, 75.000; a posta a punto do aparcamento público fronte á Concha, 25.000; e a descontaminación do solo afectado por un vertido nos baixos dun edificio en Rodrigo de Mendoza, 75.000. O plan contempla ata 37 actuacións, como un ascensor no edificio de Protección Civil e obradoiros de emprego, climatización da terceira planta da casa consistorial, ou a compra de novo hardware e software para mellorar os servizos e a atención á veciñanza.

Malia a importancia do préstamo a solicitar, dentro dun presuposto municipal que chega xa aos 40 millóns de euros, o concello goza dunha boa saúde financeira e a súa presión segue estando sensiblemente por debaixo da media española nos municipios da súa mesma categoría (470 euros locais fronte aos 656 de media).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -