INFRAESTRUTURAS
Arrancan as obras do aparcamento disuasorio do Bosque de Desamparados, que facilitará 83 prazas máis na contorna da Lomba Os técnicos e operarios de Construcciones, Obras y Viales, SA (Covsa) xa teñen todo listo para que mañá a primeira hora arranquen as obras de acondicionamento da parcela de titularidade municipal na área de urbanización do bosque de Desamparados, na contorna da Lombra. A superficie sobre a que se vai actuar é de preto de 3.000 metros cadrados, e unha vez explanada, asfaltada e ordenadas as circulacións, permitirá crear 83 novas prazas de aparcamento, que sen dúbida suporán un alivio para unha zona densamente poboada e nunha cortorna no que existe un complexo deportivo e tamén unha escola oficial de idiomas, ademais do estadio municipal da fútbol. A empresa ten un mes de prazo para executar o proxecto, aínda que é moi probable que o faga antes.
28.10.2024. Os primeiros traballos consistirán no movemento e retirada da terra vexetal e a nivelación do terreo para, a continuación, crear a caixa do novo firme. Como vén sendo habitual, o proxecto inclúe as obras "do que non se ve", é dicir, neste caso a rede de canalización de augas. A actuación costéase con cargo aos fondos Next Generation, a través da liña titulada "Transferencia do modelo turístico cara á sustentabilidade". Forma parte, en todo caso, do plan do goberno municipal para crear unha rede de aparcamentos disuasorios arredor do centro urbano, onde cada vez é maior a superficie dedicada unicamente aos peóns, con accesos puntuais e restrinxidos a os vehículos de motor. A propia orografía da cidade fai que os desprazamentos a pé sexan moi doados. Por exemplo, dende o novo aparcamento de Desamparados ata a praza da Galicia, centro da cidade, hai apenas dez minutos de camiño.
Nestes momentos, o concello traballa na habilitación dun novo aparcamento na rúa Xunqueira, tamén na contorna do complexo educativo da Lomba.