_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Comezan as obras de ensanche da rúa Fernández Flórez, que mellorará os accesos ao barrio do Piñeiriño dende Pablo Picasso

A empresa Montajes J. M. Iglesias vén de iniciar a esperada reforma da rúa Wenceslao Fernández Flórez, que dá acceso ao populoso barrio do Piñeiriño, pero tamén ao complexo polideportivo de Fontecarmoa, dende a rotonda de Pablo Picasso, na confluencia da circunvalación do porto e a avenida de Cambados. A empresa ten por diante catro meses de traballo e un presuposto de 200.000 euros. Nesta fase inicial, os operarios traballan na realización das caixas sobre as que se levantarán os muros que permitirán ensanchar o vial. Como se sabe, esta obra foi posible, ademais de pola súa inclusión no plan +Provincia da Deputación, grazas á colaboración veciñal; dous propietarios ceden parte dos seus terreos e o concello fará os peches das fincas dos que tamén eles se beneficiarán.
Durante o tempo que duren as obras haberá cortes de tráfico dende o mesmo acceso dende a rotonda, pero naqueles momentos en que non se este traballando poderá deixarse libre o paso a fin de causar as menores molestias posibles. Por esta razón, dende o concello prégase aos condutores que estean atentos aos cambios e, sobre todo, que circulen con precaución, pois durante estes catro meses a de Fernández Flórez non deixará de ser unha vía en obras. Como vén sendo habitual, ademais do que se ve, actuarase no que non se ve e queda soterrado: serán renovadas todas as redes de servizos.

O ensanche da rúa facilitará o paso de vehículos de maior porte, como camións ou autobuses, pero, ao tempo, mellorará a accesibilidade e a seguridade dos viandantes. O Piñeiriño e o complexo deportivo verán así mellorada a súa conexión con resto da cidade e aliviará o tráfico polas outras entradas dende a avenida de Cambados: as rúas Camilo José Cela e Fontecarmoa.

MÁIS OBRAS NAS ZONAS PERIURBANAS
A intervención en Wenceslao Fernández Flórez forma parte dun amplo plan de investimentos nas zonas periurbanas e rurais do concello. Neste momento, por exemplo, a instalación dun colector principal da rede de saneamento e os seus correspondentes ramais, pozos e arquetas no Camiño da Regueira, en Fontecarmoa, está na súa última fase, que inclúe o asfaltado de todo o vial. O presuposto é de 90.000 euros.

Pola súa banda, avanzan a gran ritmo as obras do acceso a Trabanca Sardiñeira dende a avenida de Rosalía de Castro, unha actuación complexa porque se trata dun talude de 8 metros de altura. Este está sendo axardinado, integrando nel sendas peonís. Deste xeito, a rúa Nosa Señora dos Anxos gañará en accesibilidade e seguridade, pero tamén en imaxe, nunha zona marcada polo paso das vías do ferrocarril. O investimento é de 160.000 euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -