PROTECCIÓN CIVIL
Protección Civil de Vilagarcía participa nas labores de axuda na catástrofe da comunidade valenciana Seis traballadores de Protección Civil de Vilagarcía, entre funcionarios e voluntarios, co xefe do Servizo Municipal de Emerxencias, Francisco Javier Busto, ao mando partiron esta noite con destino a Valencia para participar nas labores de axuda e rescate na catástrofe provocada pola DANA. Na marcha da expedición, ás 22:00 horas, dende a base de Agustín Romero, estivo o alcalde, Alberto Varela, que dende o momento en que os traballadores se ofreceron a ir lle prestaron todo o seu apoio. De feito, ata Valencia van con medios municipais: dous coches, un quad e un remolque con bombas de achique, xeradores de electricidade, equipos de excarcelación e iluminación, etcétera.
01.11.2024. Os profesionais se establecerán no municipio de Moncada e estarán baixo a coordinación da Central de Emerxencias da Generalitat valenciana. Aloxaranse nun pavillón de deportes e levarán comida e bebida posto que teñen que ser totalmente autónomos neste aspecto.