EMPREGO
O auditorio acollerá o xoves os VII Encontros para o Emprego, coa participación de institucións e empresas O auditorio municipal acollerá o vindeiro xoves, 7 de novembro, os VIII Encontros para o Emprego que promove Vives Empresa Saudable, da ONG Acción Contra el Hambre. O evento encádrase dentro dos proxectos de apoio ao emprego dirixidos a persoas en situación de vulnerabilidade, financiados polo Fondo Social Europeo, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña e os concellos de Teo e Vilagarcía. Comezará ás 9 da mañá e concluirá ás dúas da tarde, e incluirá charlas motivacionais, talleres e xuntanzas con demandantes e ofertantes de emprego.
02.11.2024. O obxectivo, explican dende Vives, consiste en achegar a realidade do mercado laboral ás persoas que buscan emprego, a través da colaboración con empresas xeradoras de oportunidades laborais en Galicia. As empresas participantes presentarán ofertas de traballo e realizarán entrevistas, o que permitirá que as persoas asistentes poidan presentar as súas candidaturas. Así mesmo, haberá unha mesa redonda e talleres motivacionais a cargo de Pedro Rodriguez (Océano) e Marisol Vázquez (Creear: Creer para crear).
En principio, os Encontros están dirixidos ás persoas que xa participan nos programas de Vives, pero tanto na mesa redonda como nos talleres poden participar todos aqueles que o desexen. Neste caso, será necesaria a inscrición a través deste enlace: https://bit.ly/VIII_encontros_vilagarcía ).
As firmas e institucións participantes son Alda Hoteles, Clece, Eulen ETT e CEE, Ilunion, Integra CEE, Nortempo, Prace, Sinergy, Vegalsa-Eroski, Urovesa, Forga, Fundación Laboral da Construcción, Kemegal e Cámara de comercio, entre outras.
Na apertura do encontro participarán o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, o director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Auturo Parrado, e a xestora da Oficina de Acción Contra el Hambre-Galicia, Susana Quintás.