_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
URBANISMO
A reforma integral de Veiga do Mar busca compatibilizar o uso peonil co tráfico rodado, e mellorar a accesibilidade, a seguridade e a estética

O goberno local presentou onte a diversos representantes veciñais de Vilaxoán a súa idea para a reforma integral da rúa Veiga do Mar, que comunica a avenida de Cambados co Preguntoiro, e que hoxe, malia a súa alta utilización, carece de beirarrúas. Deste xeito, o primeiro obxectivo da proposta é facer compatible o uso peonil co tráfico xerado polo transporte público e privado, ademais do de mercadorías, pero sempre tendo en conta a prioridade dos viandantes. A plataforma non será única, pero si terá diferentes materiais, tanto nas beirarrúas como nas interseccións e incluso no vial (Indicación de Tráfico S-28: “rúa residencial”), que deixarán clara a preferencia.
06.11.2024. O anteproxecto, desenvolvido pola consultora GEA21, a mesma que, xunto con Traza, fixo o deseño do Plan de Mobililidade Urbana e Sustentable, é, precisamente, unha consecuencia daquel proceso de escoita, segundo explicou Gonzalo Navarrete. Xa entón técnicos e veciños fixeron un paseo pola zona para detectar os problemas e planear solucións. Despois, houbo un taller específico sobre Veiga do Mar. Con todas as aportacións feitas chegouse ao anteproxecto que hoxe se presentou. A intención desta nova reunión, a xeito de novo taller “de contraste”, é perfilar xa o proxecto definitivo acollendo aquelas propostas veciñais que sexan viables tecnicamente.

De feito, o anteproxecto xa terá que ser modificado de maneira obrigada, toda vez que o goberno local chegou a un acordo con Mejillones Ría de Arosa (actual propietaria da antiga fábrica de Conservas Peña) para a cesión dunha franxa de 1,5 metros de ancho ao longo de toda a parcela fabril con fronte a Veiga do Mar, o que significará recuar o muro con cargo ás obras. Así mesmo, o executivo, segundo explicou a concelleira de Urbanismo, Paola María, tamén contempla a unión das rúas de Almirante Fontán e Sartaches, de xeito que ambas terían un sentido único e formarían unha especie de “U” con entrada e saída a Veiga do Mar. Ao fondo desa “U”, nunha parcela de titularidade municipal, se crearía un aparcamento público, similar ao que, por exemplo, se está facendo agora mesmo en Desamparados, na Lomba. Ao tempo, todos os estacionamentos nas rúas que desembocan en Veiga do Mar se converterían en exclusivos “para residentes”.

Dado o volume e ambición da actuación, a idea é desenvolver o proxecto -cando este sexa definitivo, coas aportacións veciñais e as modificacións impostas polas xestións do concello- en dúas fases. A primeira, dende a rúa do Preguntoiro ata a intersección con Almirante Fontán, e a segunda dende esta ata o empalme coa avenida de Cambados, onde tamén se pretende actuar, pero para iso será necesaria a autorización de Estradas de Galicia. Como complemento á primeira fase, o goberno de Alberto Varela quere desenvolver igualmente a unión de Almirante Fontán e Sartaches e a habilitación do parking disuasorio.

Como puideron comprobar hoxe os veciños e políticos que asistiron á reunión, a intervención en Veiga do Mar suporá un antes e un despois no acceso sur á vila e porto de Vilaxoán, nunha contorna segura e agradable e que encaixa perfectamente co espírito do PMUS. De feito, é unha das actuacións previstas nese Plan, dentro da estratexia de conexión das zonas urbanas coas periurbanas e rurais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -