FESTAS
O Nadal regresa a Vilagarcía cunha pista de xeo máis grande, unha aldea na Independencia, animación de rúa e unha nova edición dos bonos Son da Casa Será o xoves 5 de decembro, ás 7 da la tarde, na praza de Galicia. Na véspera do Día da Constitución, Vilagarcía porá en marcha o alumado de Nadal e dará a benvida a Papa Noel. A partir de aí e ata o 6 de decembro, haberá animación de rúa, na cidade e nas parroquias, unha aldea de Nadal na Praza de Independencia, con casetas de venda pero sobre todo moitas actividades, unha nova edición dos bonos Son da Casa, e tamén Fexturrón, que este ano medra en atraccións pero sobre todo en pista de xeo, que será un 25% máis grande.
8.11.2024. O alumado que se acenderá o venres 5 virá acompañado dos xa case xardíns efémeros que executan os departamentos de Parques e Xardíns, Obras e Electricidade, e que este ano contarán tamén coa colaboración de Zona Aberta. Para a recepción a Papa Noel, o concello disporá da participación da asociación de música e danza Coda, que con motivo do Curtas xa deixou clara a súa calidade cun espectáculo de rúa que sorprendeu a todo aquel que deixou caer pola Baldosa e Valentín Viqueira.
Durante todo o mes, haberá máis dunha vintena de actividades que no se centrarán só no casco urbano, senón que chegará tamén aos centros socioculturais de parroquias e lugares. Neste caso, cunha derivada da Cidade de Libro: un espectáculo de monicreques e contacontos cuxo leit motiv e o “Conto de Nadal” de Charles Dickens. Ese mesmo acto se desenvolverá na biblioteca xeral, na rúa Castelao.
Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, o Fexturrón, a feira de atraccións que acolle Fexdega, volverá a ser un punto de atracción, e non só para os vilagarciáns, pois se ten constatado que ata Vilagarcía chegan familias de todos os puntos de Galicia. O Fexturrón abrirá o 29 de novembro e permanecerá aberto ata o 6 de xaneiro, coa única excepción dos das mañás do 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro. Con respecto a outros anos, a feira amplíase ata acadar as tres cuartas partes do espazo, que suma seis mil metros cadrados. Ademais, a pista de xeo, unha das poucas de España de xeo natural, medra un 25% máis.
Pola súa banda, a praza da Independencia transformarase de novo nunha Aldea de Nadal. Os postos de venda serán menos dos que había cando, nos inicios, se apostara por un mercadiño, pero, a cambio, haberá animación continua, con actividades especialmente pensadas para os máis pequenos e as familias. Contacontos, pasacalles, talleres de cociña son algunhas das previstas.
Outros dos puntos fortes serán, de novo, a Toma das Uvas o 31 de decembro pola mañá e a Cabalgata de Reis, o 5 de xaneiro, dous eventos que atraen a miles de persoas de distintos puntos da comarca. E como complemento, unha nova edición dos bonos Son da Casa, cos que os vilagarciáns poderán mercar vales de 30 euros por so 20. En total, poranse en circulación máis 112.500 euros, o que sen dúbida animará o consumo no comercio e a hostalería locais. Os bonos serán válidos dende o 1 de decembro ao 1 de xaneiro, sen prórroga posible. Dende que o concello puxo en marcha esta iniciativa, en 2020, en plena pandemia, xa se desenvolveron 7 edicións, o que supuxo poñer en circulación máis de 800.000 euros.