_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O concello investirá 550.000 euros na renovación das luminarias do paseo marítimo, cun deseño exclusivo

O paseo marítimo de Vilagarcía verá renovada antes dun ano toda a luminaria, unha das demandas dos centos de usuarios que cada día utilizan este espazo que une Vilagarcía e O Carril. O investimento roldará os 550.000 euros, que serán financiados a través dos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Pero, ademais, a actuación terá un compoñente especial: os novos farois serán dun deseño exclusivo, converténdose así nun novo sinal de identidade da poboación, como ocorreu no seu día, por exemplo, cos do paseo da Coruña. Para iso, o goberno local acaba de contratar ao escultor local Elías Rey, quen, ademais, ten ampla experiencia no eido do mobiliario urbano como directivo que é de Fundiciones Rey. O artista recibiu o encargo de realizar o "deseño, maquetación e dixitalización" no novo modelo de farol, polo que recibirá 18.150 euros (IVE incluído).
9.11.2024. A inclusión da renovación integral do sistema de iluminación do paseo nos fondos do Plan de Recuperación xustifícase non eixo programático 2, de "actuacións no ámbito da mellora da eficiencia enerxética". Os actuais farois teñen máis de trinta anos e aínda que no seu momento foron substituídas as lámpadas, as estruturas acusan xa o paso do tempo e a súa eficiencia enerxética está por debaixo dos actuais estándares de consumo e luminosidade. De aí que se decidira aproveitar a oportunidade que ofrecen os fondos do Plan de Recuperación para a súa renovación, co engadido do seu compoñente estético e de exclusividade. Ningún outro concello poderá utilizar ese modelo.

CARRIL-BICI
Os investimentos na actualización da iluminación do paseo súmase así ás outras actuacións que levou a cabo o goberno de Alberto Varela nos últimos anos tanto no paseo como na praia, combinando fondos propios cos de outras institucións (Costas, Fondos Europeos, Deputación, etcétera). Entre eles, por exemplo, a reforma integral do solado (case dous quilómetros de ancho variable, entre o peirao do Ramal e o porto do Carril), a remoción de toda a area para eliminar o "cadillo", e pronto –acaba de adxudicarse- a instalación de estruturas para a práctica deportiva (dous campos de fútbol, dous de voleiból e un de balonmán-praia). Ao tempo, o concello está a negociar con Costas a posibilidade de estender o carril-bici dende a praia da Concha ata O Carril levándoo pola parte externa do paseo marítimo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -