_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Un acordo de compra-venda pon fin ao longo conflito sobre a propiedade do Campo da Fonte en Faxilde

O longo conflito sobre a propiedade do denominado Campo da Fonte, en Faxilde (Sobrán), chegou ao seu fin. Despois de anos discutindo se as parcelas que conforman o "campo" eran de titularidade pública -había quen sostiña que tiñan carácter "comunal"- ou privada -como propio concello recoñeceu máis dunha vez, por exemplo cando requiriu aos propietarios a limpar a maleza-, o certo é que xa hai solución, atendendo así ás demandas veciñais.
11.11.2024. Unha das tres parcelas en conflito xa fóra cedida para ampliar un camiño público, pero houbo outras dúas sobre as que foi preciso negociar. A insistencia do concelleiro Lino Mouriño, responsable de Obras e Servizos, fixo posible a saída: a propietaria da parcela de 36 metros cadrados recibirá 1.500 euros; e o do predio de 1.000 metros, 6.000. No primeiro caso, dáse tamén a circunstancia de que a dona decidiu doar o 20% da transacción, 300 euros, a Servizos Sociais.

As discrepancias sobre esas parcelas veñen de moito atrás. Dende a asociación de veciños defendeuse que tiñan carácter comunal, pero os que dicían ser propietarios sostiñan o contrario. No medio estaba o concello, que implicitamente recoñeceu a titularidade privada por canto non so esixiu a tala de árbores para evitar perigos senón que tamén tivo que pedir permiso para pasar unhas canalizacións de servizos. Ademais, e malia o que algúns veciños defendían, esas parcelas non aparecían rexistradas en ningún inventario de bens municipais.

O asunto, que incluso chegou á Valedora do Pobo e foi obxecto de debate no pleno da corporación, comezou a despexarse cando o alcalde, Alberto Varela, se comprometeu cos veciños que sostiñan unha e outra tese, a que tentarían chegar unha solución que contentase a todos. As xestións de Lino Mouriño fixeron o resto e os dous propietarios non só aceptaron un prezo por debaixo do de taxación, senón que un deles incluso cede parte da súa ganancia aos servizos sociais, un detalle que o goberno local quere agradecer de xeito público.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -