_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía súmase ao “Proxecto Nós” para gravar voces e “educar” á intelixencia artificial no uso do galego

O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón, foron dos primeiros que hoxe acudiron ao CEMIT de Matosinhos para “doar” a súa voz e participar así, como medio cento de vilagarciáns máis, no Proxecto Nós que promove a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. Trátase, con iso, de recoller os distintos modos da fala na comunidade para “educar” á intelixencia artificial, de xeito que nun futuro próximo accións tan cotiás como utilizar un GPS ou un asistente virtual como Alexia, por exemplo, poda facerse en galego.
12.11.2024. Ademais do alcalde e a concelleira, na experiencia participaron ao longo do día máis de medio cento de veciños e veciñas, a título individual ou representando a entidades do municipio como a Asociación Indanonvaidista, a A VV de Sobradelo, a Mesa das Verbas ou o Coro Liceo. Cada un deles tivo que gravar un mínimo de cinco frases, aínda que podían facer cantos bloques desexaran.

O Proxecto Nós ( http://www.nos.gal ) é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Lingua e AMTEGA) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ten como obxectivo fundamental que a lingua galega non fique excluída de ningún dos novos desenvolvementos dixitais. Para isto, estase a realizar un importante traballo que permitirá desenvolver diferentes tipos de ferramentas, totalmente compatibles coa lingua galega, como: sistemas de síntese de voz, de recoñcemento de fala, de xeración automática de texto, de diálogo ou axentes conversacionais, de tradución automática de tipo neuronal, de extracción de información e minaría de textos, resumidores automáticos ou correctores lingüísticos automáticos, entre outros.

Grazas a ese traballo lograrase que todo tipo de máquinas e dispositivos electrónicos poidan “entender” e “falar” a nosa lingua e que, polo tanto, todo galego ou galega, poida empregar con total normalidade a súa lingua en calquera ámbito tecnolóxico: cando lle damos unha orde ao GPS do noso coche, cando falamos cun asistente de voz -como SIRI ou ALEXA-, cando se xeran subtítulos de contidos audiovisuais de forma automática, cando queremos traducir un documento, cando lle ditemos a un procesador de texto, cando pedimos unha cita no médico ou queremos facer unha xestión no banco, por pór só algúns exemplos.

Para o Secretario Xeral de Lingua, Valentín García: “O Proxecto Nós é o proxecto máis ambicioso que se ten realizado ata o de agora de cara a que o galego poida ser empregado con total normalidade nos ámbitos dixitais. Trátase dun proxecto de país, cunha gran colaboración interinstitucional, transversal e no que estamos a conseguir que se implique o conxunto da sociedade galega: todo tipo de institucións, entidades sociais, empresas privadas así como galegos e galegas de todas as idades e de todos os puntos de Galicia que, altruistamente, doan a súa voz a través de http://www.doagalego.nos.gal para mellorar a calidade das ferramentas que este proxecto está a sacar adiante”.

Pola súa banda, o alcalde, Alberto Varela, celebrou que o Concello de Vilagarcía fóra un dos escollidos para participar neste proxecto e animou á cidadanía a seguir participando del, a través da web https://doagalego.nos.gal . As voces gravadas nunca serán usadas externamente fóra do ámbito do Proxecto Nós para o adestramento dos seus algoritmos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -