_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O Concello opta a un novo plan da Deputación para financiar a piscina, que liberaría 1,1 millóns de euros para outros proxectos

A Xunta de Goberno aprobou onte presentarse a un novo programa da Deputación coa que podería lograr nova financiación para a ampliación da piscina de municipal. De logralo, o concello vería liberados 1,1 millóns de euros de fondos propios, que, deste xeito, poderían ser dedicados a outros proxectos. O prego de licitación xa está listo e a financiación, garantida, posto que está aprobado o préstamo de 4,9 millóns de euros. Que saia máis ou menos pronto a concurso -en todo caso, cuestión de semanas- dependerá da concreción dos fondos económicos aos que serán adscritas.
12.11.2024. O novo programa da corporación provincial titúlase "Provincia Extraordinaria-Plan Extra" e ten como finalidade colaborar cos municipios para orientar a súa planificación de investimentos cara fins de relevancia estratéxica e atractivos para mellorar as dinámicas demográficas e, ademais, operativos, eficientes e transformadores. Segundo as bases, os concellos só poden presentar un único proxecto, para unha única actuación aínda non executada. Ao entender do goberno local, o proxecto da ampliación da piscina encaixa perfectamente nas bases, segundo as cales, por tratarse dun municipio de entre 20.001 e 50.000, a subvención máxima que podería recibir sería de 1,1 millóns de euros; precisamente os que se piden.

Aínda no caso en que a Deputación rexeitase a petición, a financiación da piscina está garantida posto que o préstamo para executar o plan de investimentos do concello xa está aprobado e a piques de ser adxudicado. Dende ese momento, o goberno local xa disporá da totalidade de financiamento para a piscina, que xa conta con outro millón de euros doutro programa da anterior deputación.

O proxecto da piscina, redactado polo arquitecto Jesús San Vicente Domingo, xerou unha alta expectativa entre os usuarios e usuarias das actuais instalacións, que hai xa tempo que se quedaron escasas para a alta demanda, e tamén entre os clubs de natación e socorrismo. Cun prazo de execución dun ano e un investimento de 3,2 millóns de euros -que se sumarán os case 500.000 que xa se investiron no edificio antigo- o complexo polideportivo de Fontecarmoa -que veu mudado o pavillón principal hai unhas- sufrirá un cambio radical.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -