_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
A praza da Verdura estrea nova imaxe, máis diáfana, para potenciar o comercio de proximidade, e tras investir outros 170.000 euros

A praza da Verdura acaba de estrear nova imaxe, despois dun investimento de 170.000 euros, procedentes de Fondos Europeos. As grandes ventás abertas en tres das súas catro fachadas, xunto co pintado de teitos e paredes en branco e o uso de madeira vista, deron un xiro radical á praza que, como lembrou o alcalde, comezou sendo un anexo á de abastos e hoxe é un edificio exento con identidade propia. O subdelegado do Goberno na provincia, Abel Losada, asistiu á visita institucional e non deixou de gabar o acerto do proxecto.
13.11.2024. Losada subliñou tres aspectos, ao seu entender, fundamentais dos proxecto. O primeiro, a “visión de modernizar” unha praza de abastos como reforzamento do tecido urbano, “todos sabemos que os mercados tradicionais son un elemento de cohesión social e territorial, é unha aposta imprescindible que non todos os concellos teñen a sensibilidade de fomentar”. P segundo, que o Concello de Vilagarcía foi quen “de conseguir fondos europeos e de xestionalos adecuadamente, e aquí hai outras administracións que están perdendo moitas oportunidades, probablemente porque están mergullados en liortas políticas, que impiden que os fondos europeos cheguen aos cidadáns”. Por último, o subdelegado destacou “o que significa de recuperación do patrimonio cultural das cidades”. Neste sentido, gabou que agora sexa unha praza “transparente”, de xeito que a xente sexa consciente da actividade que se desenvolve nela.

Pola súa banda, o alcalde enxalzou as posibilidades “que nos están dando os fondos europeos. Aquí hai un equilibrio moi harmonioso entre tradición e modernidade. Hai 8 o 9 anos esta praza era unha especie de galpón unido á de abastos. Agora hai unha rúa en medio e se fixeron distintos investimentos”, o último, o que se presentou hoxe. Coa actuación, indicou o rexedor, gañouse en luminosidade e dotouse dunha accesibilidade que non tiña antes, se renovaron as instalacións e tamén os aseos públicos. A isto hai que engadir que hai pouco se habilitaron no exterior cargadores eléctricos, están a piques de entrar en funcionamento as “taquillas intelixentes” e igualmente o vehículo para a distribución das compras. O alcalde engadiu, por último, que non só se está investindo na praza de abastos de Vilagarcía, senón tamén na de Vilaxoán. En ambos casos, nunha clara aposta polo comercio de proximidade e a combinación de tradición e modernidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -