_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Medioambiente inicia a restauración das estruturas do parque da Coca

Os operarios do Departamento de Medioambiente iniciaron xa as comprometidas obras de rehabilitación dalgunha das infraestruturas do parque da Coca. Nestes momentos xa está moi avanzada a reconstrución do pasal de madeira que une o carreiro principal coa pérgola baixo a que están a maior parte dos xogos infantís. O investimento é de 7.600 euros e calcúlase que a principios da próxima semana xa estará lista para, a continuación, comezar a reparación da pérgola. Neste caso, e dada a envergadura do traballo, será unha empresa especializada quen a execute, Nelmar, SLU, polo prezo de 47.359 euros.
14.11.2024. A concellería que dirixe Diego García dá así resposta á demanda dos usuarios deste concorrido parque, sobre o que xa estaba previsto actuar unha vez rematadas as obras noutras áreas recreativas. Dado o seu elevado número e a limitación de recursos para chegar a todos ao mesmo tempo, é necesario facer unha planificación. Hoxe mesmo, por exemplo, ao mesmo que tempo que se avanzaba co pasal, outros operarios de Medioambiente estaban na urbanización das Gaivotas, en Vilaxoán, desmontando os xogos infantís, que serán levados ao taller para a súa reparación. Os xogos volverán ao seu lugar no prazo de tres semanas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -