OBRAS E SERVIZOS
O concello habilita un novo aparcamento disuasorio na rúa Xunqueira, xunto ao complexo educativo da Lomba O Servizo Municipal de Obras comezou xa a habilitación dunha parcela de algo máis de cincocentos metros cadrados na rúa Xunqueira, ao carón do complexo educativo da Lomba e a uns pasos do acceso á avenida do doutor Tourón. A actuación consiste na nivelación do terreo, a habilitación dun drenaxe e a estensión dunha capa de saburra e unha pequena rampla para facilitar o acceso. Tendo en conta a superficie da parcela, o número de vehículos que poderán aparcar serán entre 18 e 20.
14.11.2024. Como vén sendo habitual, lograr esta nova parcela para aparcamento foi posible grazas ao acordo coa propiedade, cunha novidade: desta volta, a cesión é gratuíta; o único que pide a propiedade é que a parcela estea limpa. No momento no que para esa parcela haxa un proxecto de construción, obviamente deixará de ser un aparcamento. A fórmula, posta en marcha hai uns anos polo goberno de Alberto Varela, permitiu conseguir varios centenares de prazas de estacionamento en lugares estratéxicos. O caso da rúa Xunqueira é paradigmático, pois está a escasos 70 metros (1 minuto andando) da entrada principal co complexo educativo da Lomba onde hai unha escola infantil (Vagalume) e dous colexios de Educación Infantil y Primaria (Arealonga e A Lomba), aos que hai que sumar a gardería municipal, fóra deste recinto pero tamén a escasos 3 minutos do novo aparcamento.
O estacionamento da Xunqueira desenvólvese ao mesmo tempo que na parte Este da Lomba unha empresa, Covsa, está realizando as obras da acondicionamento doutra parcela, esta de 3.000 metros cadrados, tamén como aparcamento disuasorio. Ao tratarse dun predio municipal, neste caso a superficie si será asfaltada e todas as prazas estarán sinalizadas. O investimento, de 48.000 euros, sufrágase cos fondos europeos Next Generation. Ademais de estar situado a apenas 5 minutos do complexo educativo da Lomba, o parking de Desamparados tamén dá servizo á Escola Oficial de Idiomas e a o estadio municipal da Lomba.
Tanto o da rúa Xunqueira coma o de Desamparados forman parte do programa Vaicar!, integrado no Plan de Mobilidade Vai!, para facer compatible o uso do vehículo coa humanización de rúas e prazas, facéndoas máis amigables, sas e seguras. De calquera dos dous novos parkings chégase ao centro da cidade en non máis de dez minutos andando.