MEDIO AMBIENTE
Medioambiente retoma esta semana a entrega de composteiros domésticos á veciñanza A concellería de MedioAmbiente, que dirixe Diego García, retomará a vindeiro semana a entrega de composteiros comunitarios, despois de recibir un novo pedido e para satisfacer a lista de espera que se foi formando nos últimos meses. Para o martes, os técnicos de comospotaxe, Ángela Chenlo e Borxa Mexuto, ofrecerán dúas charlas sobre o seu manexo, unha ás 11 da mañá e outra ás 5 da tarde, no auditorio municipal, a fin de explicar as técnicas de manexo. Estas accións poderían estenderse a máis días e lugares en función da demanda. No transcurso desas charlas farase entrega dos composteiros.
16.11.2024. Ao respecto, é preciso subliñar dúas cuestións relevantes. A primeira, que calquera veciño/a pode solicitar un composteiro, que ten carácter gratuíto e para iso basta con enviar un correo electrónico á dirección compostaxe@vilagarcia.gal ou ben cubrir o formulario dispoñible na web medioambiente.vilagarcia.gal. A segunda, non menos transcendente que a anterior, é que a demostración de que se composta no fogar dá dereito a bonificacións no recibo da taxa de lixo. Todo iso, con independencia de que é unha evidencia da aposta individual por contribuír a un mellor medioambiente e a xestión sostible de recursos e residuos.
Segundo a nova ordenanza que regula o servizo de recollida de lixo, as persoas que fagan compostaxe doméstica terán unha redución do 15% no seu recibo, e os que usen os composteiros comunitarios ou os contedores marróns, dun 10%. Ao respecto, dende Medioambiente anúnciase que en breve se incorporará un novo sistema de pechadura destes recipientes, a fin de facer este servizo máis eficiente e doado.