_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O concello destinará 1,2 millóns de remanentes do 2023 a amortizar débeda, que se sitúa por debaixo da metade do legalmente permitido

O pleno da corporación debaterá o vindeiro luns, día 25, unha proposta do goberno de Alberto Varela para destinar os 1,2 millóns de euros de remanentes do presuposto de 2023 a amortizar débeda. Para que esta operación de entre en vigor dentro de este ano e compute no seguinte, debe estar aprobaba definitivamente antes do 31 de decembro, de aí a necesidade de adiantar o pleno do 28 ao 25, porque hai que contar co prazo de exposición pública. A débeda quedará así por debaixo da metade do legalmente permitido.
16.11.2024. A amortización de débeda fará a porcentaxe do 41,83% actual ao 37,2. Isto significa, primeiro, que tendo en conta que os créditos actuais suman 6,5 millóns, aos que se sumará en breve o préstamo para investimentos –a piques de adxudicar- por importe de 4,9 millóns, e se lle resta a amortización de 1,2 con cargo aos remanentes, a débeda a longo prazo queda en 10,2 millóns. E, en segundo lugar, que a porcentaxe respecto das contas xerais se situará no 37,2%. É dicir, que o Concello estará lixeiramente por debaixo da metade do que permite a lei como nivel máximo de endebedamento, o 75%; chegar a esa situación esixiría a autorización expresa de administracións superiores para concertar calquera tipo de operación de préstamo. Pero, como se ve, Vilagarcía está moi lonxe desa posibilidade.

O baixo nivel de endebedamento é un dato moi significativo da boa saúde financeira do concello. Pero non o único: a presión fiscal que soportan os vilagarciáns segue estando un 26,5% por debaixo dos municipios do seu rango. Segundo os datos do propio Ministerio de Facenda, o Concello de Vilagarcía recada 518 euros por habitante fronte aos 656 de promedio. Se iso se aplica á media xeral estatal, entón a diferenza chega ao 38,5%, é dicir, 518 fronte a 718 euros. En calquera caso, fronte aos 518€ que ingresa, cada vilagarcián recibe 1.049 euros en servizos.

A boa situación das contas vilagarciás foi ratificada tamén recentemente pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF), cuxo Observatorio das Entidades Locais fixo unha exhaustiva análise da sustentabilidade económica dos concellos de España. Tralo estudo e comparativa de seis indicadores económicos e financeiros, a AIReF chegou á conclusión de que a situación contable do Concello de Vilagarcía e perfectamente sustentable.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -