XUVENTUDE
Xuventude convoca 30 prazas para o campamento urbano de Nadal, destinado a nenos/as de 3 a 7 anos A Concellería de Xuventude, que dirixe Álvaro Carou, vén de convocar, un ano máis, o campamento urbano de Nadal, co que se pretende facilitar a vida familiar e laboral unha vez que comecen as vacacións ligadas ás festas de decembro. En total ofértanse 30 prazas, para nenos/as nados entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2020. É dicir, para os que teñan cumpridos entre 3 e 7 anos. A inscrición é gratuíta. O horario será de 9 a 14 horas, pero tanto na entrada como na saída haberá media hora de flexibilidade (de 9:00 a 9:30 e de 13:30 a 14:00 horas) precisamente para facilitar unha maior organización familiar.
18.11.2024. O campamento se desenvolverá os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, sempre no colexio Arealonga, no complexo da Lomba. As actividades previstas inclúen obradoiros artístico-creativos, manualidades, xogos guiados e libres, etcétera. Deste xeito, ademais de favorecer a conciliación, tamén se facilitará a desenvolvemento integral dos rapaces dende o punto de vista físico, intelectual e socioafectivo.
Das 30 prazas previstas, seis quedan a expensas das que poidan solicitar os Servizos Sociais para familias especialmente vulnerables. As inscricións poderán realizarse ben a través da sede electrónica -sede.vilagarcia.gal- ben de xeito presencial, de 9 a 14 horas, na casa consistorial, de luns a venres. No caso de que a demanda supere á oferta, a asignación de prazas farase por sorteo público, previsto para o día 11 de decembro na salón de plenos. Cos non elixidos faríase unha lista de espera, por se se producira algunha baixa.
Os interesados poden consultar as bases na sede electrónica do concello e na propia web municipal, http://www.vilagarcia.gal .