_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CULTURA
Chévere convida a reflexionar sobre a in-comunicación en "Hellen Keller, a muller marabilla?", este sábado, no auditorio

O auditorio municipal de Vilagarcía acollerá este sábado, día 23, ás 20:00 horas, unha das propostas máis arriscadas co grupo Chévere, un dos grandes referentes das artes escénicas en Galicia e Premio Nacional de Teatro 2014. Trátase da obra "Heller Keller, a muller marabilla?", na que, partindo da historia real dunha cidadá americana famosa por ser a primeira muller xordo-cega que obtivo un título universitario, propón unha reflexión sobre a in-comunicación entre persoas oíntes e non oíntes. Chévere explora as posibilidades de compartir unha conversa aberta no escenario, como unha silenciosa reivindicación da importancia das linguas minorizadas, do seu uso público e do seu encontro. De aí que o grupo integre na mesma obra a lingua falada en galego e a lingua de signos.
20.11.2024. O fío condutor da obra é unha muller, Helen Keller, nada en Alabama, que en 1904 convértese nunha celebridade mundial ao ser, segundo as fontes oficiais, a primeira persoa xordo-cega en obter un título universitario en Harvard, despois dun duro proceso de aprendizaxe desde os oito anos. Polo menos esta é a parte da súa vida que fica na memoria colectiva, como un exemplo de superación da discapacidade. Sen embargo, Heller tivo outras facetas que foron sistematicamente silenciadas, ata o punto de que recentemente houbo unha campaña en internet na súa contra. E aí é onde Chévere fai a súa propia reflexión: "Por que se oculta parte da súa vida? A quen lle interesa facelo? Por que queren eliminala da historia? Porque é unha muller, xorda e cega? Porque non se acepta que unha das persoas máis famosas do século XX en EE.UU. sexa comunista? Porque unha muller con discapacidade non se pode converter nunha líder anticapitalista?".

Asistir á representación de Chévere ten un prezo de 5€. As entradas poden adquirirse a través de ataquilla.com (máis gastos de xestión) ou no mesmo día da función, dende dúas horas antes, na billeiteira do auditorio. Como é habitual, as persoas desempregadas, as maiores de 65 e as que posúen o carné xove teñen un prezo bonificado de tan só 3 euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -