_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O parking de Xoán XXIII ampliará o horario a partir do 1 de xaneiro

O vindeiro 1 de xaneiro comezarán a visualizarse a serie de cambios que ten programado o goberno local despois de que se fixera cargo do parking Xoán XXIII, na praza do mesmo nome trala la casa consistorial. Dende ese día, o tempo de apertura será de luns a sábados, de 08:00 a 22:00 horas. Nos meses de verán -de xuño a setembro, ambos incluídos-, ata as 24:00 horas. Os domingos e festivos permanecerá pechado, como ata agora. A diferenza con respecto ao horario herdado da concesionaria é a que a partir de xaneiro abrirá tamén os sábados pola tarde e que durante o verán amplíase o servizo ata as doce da noite, todos os días, de luns a sábado.
21.11.2024. Dende que o concello se fixo cargo da xestión do parking notouse un incremento no seu uso e incluso en días de mercado -martes e sábado- a ocupación chega a ser total (son 240 prazas) e o mesmo ocorreu en varias xornadas durante o verán. Tanto as suxestións dos usuarios como a experiencia dos propios traballadores municipais levaron ao goberno a buscar a fórmula para ampliar xa o horario de apertura, a espera de que a compra da nova maquinaria permita seguir mellorando o servizo, con apertura todos os días (incluídos, por tanto, os domingos) e con máis horas.

Ao tempo que se traballa para a licitación dese novo sistema de xestión, o goberno local ten xa moi avanzada a ordenanza que facilitará, por un lado, bonificar unha hora de uso a todos aqueles condutores que acrediten ser residentes no municipio vilagarcián, e por outro, dar forma ao acordo coa asociación de comerciantes Zona Aberta para que poidan obsequiar con vales dunha hora de parking aos clientes do comercio e a hostalería locais. A intención do executivo de Alberto Varela é que esta mesma fórmula se aplique no aparcamento subterráneo da Concha -que xa é de propiedade municipal- e, de ser o caso, no da praza de España, se é que posible o acordo co Plan Nacional contra as Drogas para a súa adquisición.

Todo, no seu conxunto, está contemplado dentro do plan Vaicar! que busca compatibilizar o uso e desfrute da cidade co tráfico de vehículos a través dunha rede de aparcamentos disuasorios ou no centro mesmo da cidade. Antes de que conclúa o ano, ao menos dez deses estacionamentos serán sinalizados cuns tótems propios nos que se indicará número de prazas e poderá consultarse tanto o plano xeral da cidade como o do Vaiapé!, de xeito que así os usuarios de coches terán unha información precisa de onde están e con respecto a que, e canto tempo precisarán para chegar andando ao seu destino.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -