_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Quince empresas optan a executar o proxecto de Conde de Vallellano, cuxas obras comezarán en xaneiro, tralas festas do Nadal

A esperada reforma e humanización da avenida Conde de Vallellano deu un paso máis coa apertura das plicas presentadas á licitación. En total son quince as empresas que pugnan por executar un proxecto que está valorado en 630.000 euros. Varias das construtoras presentaron ofertas significativamente baixas, polo que foron requiridas para que as xustifiquen. Á vista de toda a documentación, os servizos técnicos farán unha valoración e emitirán una proposta de adxudicación. Isto ocorrerá no prazo aproximado de dez días, de xeito que quedará o quede de decembro para cumprir o resto dos trámites.
26.11.2024. A intención é, como xa se deixou claro no propio prego de licitación, que obras comecen despois de pasadas as festas de Nadal, incluída a Cabalgata de Reis. Desta maneira, con toda probabilidade o arranque da actuación sería na semana do 13 de xaneiro. Tendo en conta que o prazo de execución é de seis meses, Conde de Vallellano estrearía o seu novo aspecto durante o verán de 2025, salvo que xurda algún imprevisto.

Como xa resumiu o alcalde, Alberto Varela, a intervención nesta céntrica rúa, que comunica a praza de Galicia, o centro da cidade, coa avenida da Mariña, que discorre paralela ao litoral, será “sinxela e verde”. Serán 1.500 metros cadrados que gañarán os peóns, o que non é incompatible para que se deixe espazo para o tránsito restrinxido de vehículos (seguridade cidadá, ambulancias, vehículos autorizados, carga e descarga limitada no tempo...).

A renovada avenida será un espazo máis aberto, con árbores e zonas vedes, onde destacarán a ringleira de xacarandás e un mobiliario urbano que convidará a pasear e sentarse. En definitiva, unha especie de nova alameda en pleno centro da cidade.

Como se sabe, esta avenida naceu en 1955/56 para dar entrada e saída ao porto comercial ao conectalo coas estradas de Santiago, Pontevedra e Cambados-A Toxa, que entón pasaban necesariamente polo centro da cidade. Para iso, fóra necesario aliñar tres vellas rúas -Zaragoza, Numancia e Gerona- e derrubar varias casas. Setenta anos despois, o que naceu como un acceso a un porto de interese xeral do Estado converterase nunha das principais rúas peonís.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -