_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
PATRIMONIO
Patrimonio rexeitou catalogar o vello asilo por considerar que non está razoado nin documentado

O goberno de Vilagarcía xa solicitou, en maio de 2023, hai máis de ano e medio, que por parte de Patrimonio da Xunta de Galicia se iniciara o expediente para catalogar o edificio situado na praza da Constitución, 17, é dicir, o vello asilo-hospitaliño fundado a finais do século XIX. A resposta da Xunta foi o rexeitamento amparándose en el que a petición non estaba suficientemente razoada nin xustificada. Obviamente, o goberno local non está de acordo, volverá a insistir para que si se protexa o inmoble, e máis agora que ameaza derrube, e, dende logo, apoiará a iniciativa do Bloque para discutir este asunto no pleno.
28.11.2024. A petición do concello de maio do ano pasado xustificouse nun informe do arquitecto municipal, Juan José Rodríguez Cuíña. Nel lembraba que trátase dun edificio de planta baixa con aproveitamento baixo cuberta, de estilo ecléctico característico das vilas galegas de finais do século XIX e principios do século XX, "cun ritmo de ocos ben proporcionado, con recercados e cenefas decorativas de cantería ben labrada, nun estilo académico de reminiscencias neorenacentistas".

Neste sentido, o técnico argumentaba que a maioría dos edificios da mesma época e estilo arquitectónico están incluídos no Catálogo de Edificios e Elementos a conservar no actual PXOM. A súa ausencia puido deberse a un involuntario esquecemento, porque é evidente que si merece estar catalogado como o resto de inmobles similares que si o están. A protección prevista é o grao 7, a denominada "elemental". Consonte a normativa do Catálogo, iso se aplica a aqueles edificios, elementos ou conxuntos de construcións que presentan características arquitectónicas, artísticas ou compositivas que os distinguen das construcións habituais coetáneas. Basicamente, as obras autorizadas poden ser de acondicionamento interior, restauración ou reconstrución, pero conservando sempre a fachada orixinal.

Aparte da descrición física do edificio, incluída unha referencia xornalística de 1895, cando se estaba construíndo, no informe técnico tamén se fai referencia ao valor histórico do edificio, non en vano supuxo un fito na evolución da cidade. O asilo foi promovido por Luísa Vila y Janer, viúva de José Bargés, alcalde de Vilagarcía que, como a súa muller, eran comerciantes de orixe catalán. Luísa e José eran, ademais, tíos de Francisco Ravella, que xestionaba os negocios de ambos.

O vello asilo foi construído por Manuel Pereiro Caeiro, un dos máis reputados técnicos da época. De feito, moitos dos edificios do casco vello de Santiago foron deseñados e construídos por el e tamén en Vilagarcía deixou a súa pegada: dende a praza da Peixería á mansión de Juan García Porto pasando polos edificios para a Tertulia de Confianza (hoxe Casa da Cultura e Sala de Exposicións) e que incluía, no patio interior, un teatriño: o Salón García. Pereiro tamén foi o autor dos característicos edificios da rúa Valentín Viqueira, de aí que a súa elección para facer o asilo non estrañara a ninguén. O edificio fóra planeado para acoller, na planta baixa, a doce pobres, ademais da cociña; na planta baixo cuberta estaban as habitacións da relixiosas que se fixeron cargo da súa xestión dende 1898. Aquela doazón foi a orixe da actual Fundación da que forman parte a parroquia, a congregación relixiosa e o propio concello.

Malia as súas implicacións arquitectónicas e históricas, Patrimonio non o considera suficientemente xustificado. O concello segue convencido do contrario, e por iso volvera a insistir diante da Xunta en que inicie o expediente de catalogación. Mentres tanto, e ante o risco de derrubo, unha empresa está facendo obras de consolidación por unha cuestión de seguridade para o tránsito de persoas e vehículos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -