_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O concello leva investidos 1,8 millóns en 34 proxectos de servizos básicos na zona rural no que vai de mandato

O Concello de Vilagarcía leva investidos 1,8 millóns de euros en 34 proxectos de servizos básicos no que vai de mandato. En metros lineais sería equivalente a renovar o saneamento, abastecemento de auga e asfaltado dende a casa consistorial ata o hospital do Salnés. Así o explicou hoxe o alcalde, Alberto Varela, trala visita ás obras realizadas no camiño da Regueira, en Fontecarmoa. Foron 95.000 euros financiados a través do plan +Provincia da Deputación.
28.11.2024. Na visita, o alcalde estivo acompañado polo deputado provincial Marcos Guisasola, que destacou o feito de que con eses plans se vaian solucionando os pequenos grandes problemas das zonas rurais. No caso do Camiño da Regueira, por exemplo, os beneficiados directos son sete vivendas, que pronto serán máis, o que dá unha idea do esforzo inversor que se precisa nas zonas de poboamento disperso con respecto ás zonas urbanas.

Na mesma idea insistiu o alcalde. No Camiño da Regueira actuouse sobre 220 metros da rede de abastecemento de auga e de saneamento, ademais de 1.500 metros cadrados de asfaltado. Un investimento que é similar ao que se fixo noutras 33 veces no que vai de mandato en diversas parroquias e lugares do municipio, ata sumar un presuposto de 1,8 millóns de euros. Neste sentido, o rexedor reivindicou o feito de que sexan os concellos os que decidan a que dedicar os fondos provinciais que lle corresponden, porque son os concellos, en contacto directo cos veciños, os que mellor coñecen as necesidades das zonas rurais.

Aínda recoñecendo que facer investimentos nas zonas non urbanas é máis custoso pola dispersión do asentamento da poboación, Alberto Varela subliñou o seu compromiso e o do seu goberno en seguir avanzando na mellora dos servizos en calquera recuncho do municipio, tanto no que se ve, é o caso dos camiños e rúas, como no que non se ve e non sempre se valora: as redes de saneamento, auga e outras subministracións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -