DEPORTE
Aberto o prazo para solicitar ou renovar o carné da Fundación de Deportes para 2025 Dende hoxe e ata o día 30, a Fundación de Deportes ten aberto o prazo para solicitar ou renovar o carné da entidade, un documento que os usuarios/as poden utilizar as instalacións deportivas ou participar nas distintas actividades que promove o propio Concello. Os prezos non cambian respecto dos últimos anos. Os formularios (PDFs escribibles) xa están a disposición dos interesados na sección propia da Fundación de Deportes na sede electrónica do concello: sede.vilagarcia.gal. Na actualidade, a entidade ten preto de 800 carnés activos, que, sumados os familiares beneficiados, suman algo máis de 900 inscritos para todo ano. A estas cifras hai que engadir as das inscricións trimestrais (18€), de persoas que prefiren apuntarse a unha actividade ou varias concretas nun tempo determinado.
09.12.2024. O carné familiar, o máis demandado, ten un prezo de 60 euros ou de 50, se se demostran unha serie circunstancias que avalíen a bonificación. O carné sénior ten un custe de 45 euros (30 se está bonificado). E aínda hai outros tres segmentos da sociedade que tamén teñen dereito a un prezo bonificado de 30 euros: os menores de idade, os maiores de 65 anos e os mozos que estean en posesión do Carné Xove.
Cando a solicitude é de nova inscrición, é necesario aportar unha copia do DNI e o resgardo do pago do prezo público corresponde e, no caso das bonificacións, o documento ou documentos que acrediten a situación laboral, económica, familiar, etcétera, que avalían tal dedución. Se son carnés familiares, aos datos anteriores hai que unir unha fotocopia do carné de cada un dos membros e do libro de familia, ademais da xustificación da dependencia económica dos fillos/as respecto dos pais, cando teñen menos de 18 anos. Se trata de parellas de feito, hai aportar un certificado de inscrición no rexistro municipal e un certificado de convivencia.
Para a renovación dos carnés, unicamente hai que presentar o resgardo de pago do prezo público. Pero si se trata dos bonos familiares, entón hai que volver a demostrar a dependencia económica de fillos/as respecto dos seus proxenitores.
O concello iniciará en xaneiro, tras as festas do Nadal, a instalación de 19 redutores de velocidade nas estradas rurais