DESENVOLVEMENTO LOCAL
O concello premiará as mellores decoracións de comerciantes e hostaleiros con 1.800 euros Un ano máis, o Concello premiará aos comerciantes e hostaleiros que máis se distingan na decoración dos seus locais con motivos de Nadal, contribuíndo así á animación das rúas e o ambiente festivo propio destas datas. Haberá un primeiro premio de 595 euros, dous segundos dotados con 395 e outros tantos terceiros, con 200 euros de compensación. Os interesados deben inscribirse a través da sede electrónica do concello -sede.vilagarcia.gal- e teñen ata o día 24 para facelo. No caso dos adheridos a entidades como Zona Aberta ou as asociacións de praceiros, os concursantes poden inscribirse por medio de aquelas.
17.12.2024. A decoración deberá permanecer nos locais ata o 6 de xaneiro. O concello facilitará un distintivo de “establecemento participante” que deberá ser colocado nun lugar ben visible no escaparate. Un xurado fará un percorrido por todos os establecementos inscritos e darán un máximo de cinco puntos a cada proposta. Obviamente, o tema da decoración será o Nadal, pero con total liberdade en canto a técnica e estilo. Con todo, os avaliadores terán especialmente en conta a creatividade e orixinalidade da composición e o uso de materiais sustentables.