CONCELLO
Alumnado do colexio franciscano ten o privilexio de falar directamente con Papa Noel a través de vídeoconferencia O alumnado de 5 anos do colexio de San Francisco foi este ano o afortunado de poder ter fío directo con Papa Noel a través dunha vídeo conferencia que, como en edicións anteriores, realizouse dende o Centro para o Modernización e Inclusión Tecnolóxica, CEMIT, con sede na avenida de Matosinhos.
18.12.2024. As nenas e menos puideron falar de xeito individual con habitante máis ilustre de
Rovaniemie e lle pediron agasallos personalizados para a noite da Noiteboa. As solicitudes máis comúns foron pupitres de maiores, coches teledirixidos e ordenadores, sen esquecer algún que outro clásico como as bonecas Barbie e Nancy. Ao final da videoconferencia con Laponia, o alumnado puido cantarlle una panxoliña acompañada de xestos, e Papa Noel bailou con todos.
A posibilidade de interactuar con Papa Noel é unha iniciativa posta en marcha dende hai uns anos pola Xunta en colaboración cos concellos onde existen aulas CEMIT. Deste xeito, ábrese un tempo de inscrición e entre estes sortéanse as prazas. Nesta ocasión, a sorte sorriu ao colexio das franciscanas e o de Arealonga. O segundo desistiu pouco antes do inicio da sesión -na mañá do mércores- diante das malas previsións meteorolóxicas.