FESTAS
Un pasacalles cos elfos de Papa Noel e unha chocolatada abren oficialmente a aldea de Nadal Á extensa programación cultural, de ocio e de animación de rúa posta en marcha polo Concello a través de diversas áreas, súmase dende mañá, día 20, a Aldea de Nadal na praza da Independencia. Unha decena de casetas, un trono para Papa Noel e unha carpa en forma de burbulla para facer desenvolver as máis diversas actividades, todos os días, a maioría deles en xornada de mañá e tarde, ata o 4 de xaneiro. Con respecto a outras edicións, nesta hai máis actos e máis diversos, buscando ademais unha maior participación interxeneracional entre avós, fillos e netos. Nas casetas poderán adquirirse todo tipo de agasallos para estas datas.
19.12.2024. A aldea abrirase as 19:00 horas cun desfile dos elfos de Papa Noel. Arredor das 20:30, na mesma praza da Independencia desenvolverase unha gran chocolatada organizada pola asociación de comerciantes e hostaleiros Zona Aberta, todo amenizado musicalmente por la Duendeneta. A partir de aí, e ao longo de 15 días haberá de todo: música, desfiles, contacontos, talleres de cociña nenos e maiores, e ata un pequeno cabaret. A todas as propostas xa coñecidas sumouse a última hora a da asociación Dronámbulos, que este sábado, dende as 12:30 e ata as 13:30 horas, na mesma praza da Independencia, ofrecerá unha exhibición das súas habilidades cun dron na man, o que sen dúbida será moi atraínte para a rapazada.
En definitiva, o programa día a día, hora a hora da Aldea do Nadal é o seguinte:
VENRES 20 DECEMBRO [19:00] Pasacalles cos Elfos de Papá Noel. [20:30] Elfos, La Duendeneta e chocolatada de Zona Aberta.
SÁBADO 21 DECEMBRO [11:30] Obradoiros de cociña-Nadal Chef. [12:00] Pasacalles e animación cos Elfos de Papá Noel. [12:30—13:30] Exhibición drons – Asoc. Dronámbulos. [18:00] Pakolas e Laura Romero: "Cores, contos e rock & roll".
DOMINGO 22 DECEMBRO [11:00] Pasacalles tradicional e xigantón do Apalpador. [13:00] Paco Nogueiras: "Son animal".
LUNS 23 DECEMBRO [18:00] Pasacalles cos Elfos Domésticos e xigantón do Apalpador. [18:00] Contacontos Caxoto: "O Apalpador". A continuación, concerto dos Elfos Domésticos e xigantón do Apalpador.
MARTES 24 DECEMBRO [11:30] Pasacalles de Papá Noel. [12:30] Recepción de Papá Noel.
SÁBADO 28 DECEMBRO [11:00] Fartura de Nadal. [11:30] Obradoiros de cociña con Nadal Chef. [13:00] Concerto: Nelson Quinteiro Troupe:"Aldea musical de Nadal". [18:00] Contacontos O Titiribaile: "En el desván hay un baúl".
DOMINGO 29 DECEMBRO [12:00] Os Músicos de Bremen e animación na praza. [18:00] Pequeno Cabaret Infantil de Nadal.
LUNS 30 DECEMBRO [17:00] Obradoiro de Nadal con Kids & Us. [18:00] Espectáculo infantil "Barullo!".
XOVES 2 XANEIRO [17:00] Obradoiro de Nadal con Kids & Us. [18:00] Espectáculo infantil "O soño do rato".
VENRES 3 XANEIRO [18:00] Espectáculo infantil Cé Orquestra Pantasma: "Animalada".
SÁBADO 4 XANEIRO [12:00] Batucada de Elfos cos Queimatasas e animación na praza.