FESTAS
Publicadas as listas dos nenos e nenas que acompañarán aos Reis na cabalgata do 5 de xaneiro A Concellería de Cultura vén de publicar as dúas listas dos rapaces e rapaces que acompañarán aos Reis Magos na súa cabalgata o 5 de xaneiro. Están dispoñibles tanto na sede electrónica –sede.vilagarcia.gal- como na web – http://www.vilagarcia.gal -. Nun apartado están os 24 de 7 a 9 anos admitidos para as carrozas dos Reis e noutro, os 36 de 10 a 15 anos que irán nas de agasallos. Os participantes deberán ir ataviados con vestimenta de cor negro (pantalón tipo malla, xersei e zapatos ou botíns). A concellería prestará o resto da vestimenta (casaca e tocado). Esta deberá ser recollida o día 2 de xaneiro, en horario de 9:00 a 13:00 horas.
25.12.2024. A cabalgata sairá o día 5, ás 19:00 horas, dende a praza da II República e continuará pola avenida da Mariña, praza do Dr. Carús, Alexandre Bóveda, Alejandro Cerecedo, Dr. Tourón, praza de España, Edelmiro Trillo, Padre Feijóo e Arapiles, para concluír na praza de Ravella, onde as Súas Maxestades saudarán aos vilagarciáns e logo recibirán os nenos e nenas no salón nobre.