_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O Concello renova os vestiarios de Berdón trala reforma do campo de xogo

Vilagarcía 08 de xaneiro de 2025.- O campo de Berdón continúa avanzando na súa reforma integral despois de estrear o novo céspede artificial o pasado mes de outubro. Nesta ocasión, a Xunta de Goberno Local acordou a mellora dos vestiarios, que inclúe a colocación de dous novos acumuladores de auga e a instalación de nove urinarios. O investimento é de 4.500 euros. O Concello tamén está traballando noutras melloras como a construción dunha cuberta para a zona da cantina ou unha área para colocar a billeteira.
Esta inversión enmárcase no compromiso de alcalde, Alberto Varela, e o presidente da Fundación de Deportes, Carlos Coira, cos directivos, adestradores e xogadores do Vilagarcía S.D., cando ambos visitaron o campo con motivo da súa reapertura trala renovación do céspede.

Compre recordar que con anterioridade xa se investiran un total de 163.000 euros no cambio do terreo de xogo, que agora é de última xeración. Ademais, tamén se realizaron pequenas melloras como a revisión e limpeza das redes de saneamento e canalizacións.

Outros investimentos
Nesta mesma senda, o Concello adquiriu dous disfibriladores semiautomáticos: un para o pavillón de deportes náuticos e outro para o centro deportivo e cultural de Vilaxoán, que supuxo un investimento de 3.276 euros.

Ademais de para Berdón, tamén se mercaron dous acumuladores de auga para o campo do Vilaxoán.

Outra das melloras reclamadas polos clubs, neste caso o Arosa S.C, é o novo equipo de son no campo de fútbol da Lomba. Ata agora o único sistema de amplificación era o utilizado polo speaker, máis co novo investimento tanto a grada de Tribuna como a de Preferencia contarán con megafonía, que ademais estará conectada co vídeo-marcador, instalado hai unhas semanas. A megafonía supón un investimento de 5.303 €, que se suma aos 21.995 do vídeo-marcador.

Finalmente, a Xunta de Goberno adxudicou o contrato para as obras de mantemento do circuíto de Radiocontrol de Trabanca Badiña, por un importe que ascende a 2.625 euros.

Esta obra tamén era un compromiso do goberno local co Club Team Pitufo de Radiocontrol Vilagarcía. Dende o 2021, coincidindo coa pandemia, as instalacións quedaron parcialmente en desuso, de aí a necesidade da súa recuperación. O Concello prevía comezar as labores de limpeza e restablecemento da pista entre os días 26 e 27 de decembro, pero finalmente comezarán a semana que vén.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -