_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello rehabilita a cuberta da consistorial para evitar as filtracións no Salón Nobre

Vilagarcía, 09 de xaneiro de 2025.- O Concello acaba de poñer en marcha as obras de rehabilitación da cuberta do edificio antigo da casa consistorial, despois de que se detectasen filtracións no Salón Nobre e na antesala que dá ao balcón principal.
A actuación busca frear o dano que estaban sufrindo os teitos e os elementos decorativos do interior do edificio, e conta cun presuposto de 47.000 euros. En concreto, actuarase en 2/3 do tellado, que se corresponde coa parte sur e leste da construción.

Segundo a inspección dos técnicos de urbanismo, o problema fundamental está causado por un corremento de parte do tellado, que se deslizou pendente abaixo pero que non chegou a caer ao chan grazas a que o canlón fixo de tope. Tamén se detectou a existencia de varias tellas rotas. A maiores, debaixo destas hai unhas láminas de fibrocemento e ata que non se retiren as tellas non se poderá comprobar o seu estado real e que influencia teñen nas filtracións. Finalmente, a proliferación de plantas nas cornixas do edificio tamén contribuíu a fomentar a aparición de goteiras.

A empresa adxudicataria da reforma é César Paz S.L, que xa comezou a montar os andamios para iniciar as obras. As accións que se van a realizar pasan pola revisión das filtracións, o desmonte da parte danada do tellado, a súa substitución por novas pezas e un reforzo da suxeición. Tamén se limparán e repararán os canlóns atascados.

Cómpre resaltar a importancia de investir no coidado deste edificio histórico, que forma parte do patrimonio local e que data de finais do século XIX. Foi deseñado por Alejandro Sesmeros, o mesmo arquitecto do Palacio da Deputación de Pontevedra.
O conxunto foi ampliado nos anos cincuenta seguindo a estética do edificio orixinal. No 2003 esa ampliación foi derrubada para levantar o moderno edificio actual, e dende entón non se volveu a revisar o estado do tellado.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -