_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
MULLER
O Centro de Información á Muller convoca o XIX premio “Boas prácticas na escola” en favor da igualdade

Vilagarcía de Arousa, 10 de xaneiro de 2025.- No marco de IV Plan de Igualdade de Concello de Vilagarcía, o Centro de Información á Muller (CIM) acaba de convocar o XIX Premio para a igualdade de xénero, “Boas prácticas na escola”, para o curso 2024-2025. Trátase dun certame no que se premiarán os traballos presentados polos alumnos de todos os niveis, tanto de ensinanza regrada como non regrada, en prol da consecución dun mundo máis igualitario entre homes e mulleres.
Este ano, como novidade, os obxectivos do proxecto deberanse enmarcar nunha das catro temáticas seguintes: promoción da participación, visibilidade e empoderamento das mulleres ; novas masculinidades; espazos coeducativos ou prevención e abordaxe das violencias machistas e/ou LGTBIQ+. As propostas poderán ser presentadas pola dirección do centro, por algún departamento ou área de traballo, polo profesorado ou polas ANPAS.
Haberá tres premios de 700 euros destinados á mellor práctica dentro de cada categoría: infantil e primaria; secundaria e bacharelato e ciclos formativos; ensinanza de réxime especial e obradoiros de emprego. Con esta contía, os centros deberán organizar unha actividade de lecer destinada aos alumnos.
As propostas serán avaliadas por un xurado composto pola concelleira de Igualdade, Tania García, a de Educación, Paola María, unha representante do Consello Local da Muller, e outra do Consello Escolar Municipal.

As boas prácticas deberán presentarse obrigatoriamente a través da plataforma do Concello de Vilagarcía. O prazo de presentación remata o día 30 de abril de 2025 ás 23:59 horas.

O ano pasado os gañadores foron a escola A Escardia, por un traballo titulado “Medrando en Igualdade”, no que entrevistaron a mulleres da contorna referentes en igualdade, e, por outro lado, a Escola Oficial de Idiomas por “E ti, que fas pola igualdade?”, unha retrospectiva pola historia do 8M.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -