CULTURA
Xa á venda as entradas para os monólogos de Dani Fontecha e Miguel Miguel, cómicos de “El Hormiguero” O próximo día 25, sábado, Vilagarcía converterase no epicentro do humor cos espectáculos cómicos presentados por Dani Fontecha e Miguel Miguel, colaboradores do programa de televisión “El Hormiguero”, que actuarán no auditorio municipal. O acto, de hora e media de duración, constará de dous monólogos de estilo rápido e desenfadado cos que seguro que lograrán arrincarlle unhas risas aos presentes.
11.01.2025. Dani Fontecha traballa para o programa de Pablo Motos nas seccións “Don Rogelio” e “Los trucos de Fontecha”; agora cambia o estudio de televisión polos escenarios para amosarnos a súa formar de ver a vida.
“¡Acojonado!” é o novo espectáculo de Miguel Miguel, no que recupera todas as súas experiencias vividas ao longo destes anos. Fala da mala sorte, dos problemas que ten agora a xente e dos que tiña antes da pandemia.
Chistes e maxia sen filtros a partir das 21:00 horas de tarde. As entradas xa están á venda por 16 euros en Ataquilla.com e, de non esgotarse, poderán adquirirse na billeteira o mesmo día da actuación, a partir das 19:00 horas.