_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Sociedade Filarmónica retoma a súa actividade cun concerto do prodixioso violinista Guy Braunstein

Vilagarcía, 13 de xaneiro de 2025.- A Sociedade Filarmónica de Vilagarcía comezará o ano cun concerto do máis especial protagonizado polo violinista, director e compositor Guy Braunstein, que actuará xunto ao pianista israelí Itamar Golan nun concerto que leva o nome de “Carta branca ao noso amigo Guy”. O acto terá lugar o próximo 18 de xaneiro ás 20:30 horas na sala principal do Auditorio Municipal de Vilagarcía.
O espectáculo promete ser do máis emocionante, xa que os intérpretes abrirán a actuación co “Gran dúo para violín e piano D574” do mestre Franz Schubert, que comeza cun allegro moderato para ir subindo pouco a pouco a intensidade ata rematar cun allegro vivace.

O dúo continuará cunha peza de marcado carácter tradicional,“Suite popular española, de Manuel de Falla e Kochanski, que non deixará a ninguén indiferente pola súa versatilidade: a primeira parte titúlase “El Paño Moruno”; a continuación baixa o ritmo coa canción de berce “Nana”; posteriormente, “Canción” e “Polo”; por último, esta actuación culminará con “Asturiana” e “Jota. O concerto pecharase con “Fantasía Rusalka”, de Antonín Dvorak e o propio Braunstein.

Trátase dunha oportunidade única para os amantes da música de cámara, que poderán gozar do virtuosismo de Guy Braunstein, o violista máis mozo da historia en tocar na Orquestra Filarmónica de Berlín. Ademais, garda unha relación moi especial con Vilagarcía, xa que foi unha das figuras clave que puxo en marcha o festival de música clásica Clasclás, no ano 2018.

A entrada é de balde para os socios da Sociedade Filarmónica. Para o público xeral o custe será de 18 euros e a billeteira porase en marcha unha hora antes do concerto no Auditorio. Para máis información, http://www.sfvilagarcia.com .
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -